From Wikipedia, the free encyclopedia
Excuse 17 foi unha banda de punk rock estadounidense procedente de Olympia, Washington, activa dende 1993 ata 1995. O grupo estaba formado por Becca Albee (voces e guitarra), Carrie Brownstein (guitar e voces) e Curtis James (batería). A banda gravou dous álbums e un sinxelo, e achegou cancións a varios recompilatorios.
Excuse 17 | |
---|---|
Orixe | Olympia, Washington, |
Período | 1993 - 1995 |
Xénero(s) | punk rock, queercore |
Selo(s) discográfico(s) | Chainsaw Records, Kill Rock Stars, Candy Ass Records, Atlas Records |
Membros | Becca Albee Carrie Brownstein CJ Phillips (Curtis James) |
Artistas relacionados | Sleater-Kinney, Heavens to Betsy, Heartless Martin, The Old Haunts, Wild Flag, The Spells, Serum Greys |
Na rede | |
Brownstein, Albee e CJ Phillips (James) uníronse para formar Excuse 17, unha banda que durou só uns poucos anos pero demostraría ser moi influente. Brownstein e Albee tocaban a guitarra e cantaban e CJ tocaba a batería. En pouco tempo gravaron unha cinta demo e comezaron a gravar temas para varios recompilatorios en discográficas independentes. O seu primeiro álbum, Excuse Seventeen, foi editado conxuntamente por Atlas Records (vinilo) e o selo queercore Chainsaw Records (CD).[1] A banda editou o seu segundo e derrradeiro álbum, Such Friends Are Dangerous, a través do selo independente Kill Rock Stars en 1995, mostrando unha gran mellora na calidade da gravación.[2]
A banda adoitaba a tocar con Heavens to Betsy, e incluso fixeron xiras xuntas, xa que ámbolos dous grupos era unha parte activa da escena riot grrrl.[3] As dúas bandas tamén apareceron no recompilatorio Free to Fight. Corin Tucker de Heavens to Betsy fíxose moi amiga de Brownstein e chegaron a saír xuntas durante un tempo. As dúas decidiron formar Sleater-Kinney, un proxecto paralelo que ao pouco tempo sería o seu principal proxecto tras a disolución dos seus respectivos grupos. Porén, as gravacións de Excuse 17 aínda son moi valoradas polos seguidores de Sleater-Kinney, polos ineteresados no riot grrrl e no queercore, e polos coleccionistas de discos en xeral: Such Friends Are Dangerous foi nomeado un dos 50 mellores álbums de indie rock do Noroeste do Pacífico pola publicación en liña Pitchfork.[4] Albee tamén gravou con Tucker como Heartless Martin, editando un casete a través de Chainsaw Records en 1993.[5]
Tras a disolución de Excuse 17 Albee estableceu unha exitosa carreira como artista visual. O seu traballo foi loubado por publicacións como Bomb,[6] Tom Tom,[7] Artforum[8] e Aperture.[9] Os seus artigos están sendo conservados na Fales Library da New York University.[10] En 2019 era profesora adxunta de fotografía no City College of New York.[11]
No ano 2017 James vivía en Olympia e tocaba a batería na banda de rock Nudity.[7]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Excuse Seventeen | 1994 | Chainsaw Records, Atlas Records |
Such Friends Are Dangerous | 1995 | Kill Rock Stars |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.