escritora asturiana en lingua galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Eva Moreda Rodríguez, nada na Veiga (Asturias) en 1981, é unha escritora en lingua galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Eva Moreda Rodríguez 1981 (42/43 anos) A Veiga, España |
Formación profesional | Filoloxía Clásica e Musicoloxía |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Xénero artístico | Narrativa |
Premios | |
| |
Aos tres anos pasou a residir coa súa familia en Ribadeo, onde gañou en catro ocasións o premio Diadema de Ribadeo na súa vertente literaria. Posteriormente trasladouse a Alemaña, Italia e Inglaterra, onde reside na actualidade. É licenciada en Filoloxía Clásica e Musicoloxía, con estudos de posgrao en Xornalismo. Como musicóloga, ten publicados varios traballos en revistas e compilacións internacionais, fundamentalmente en torno á historia política da música durante o primeiro franquismo.
A súa actividade docente e investigadora neste eido desenvolveuse ata o momento no Reino Unido, en institucións como o Royal Holloway College - University of London, Royal Academy of Music e a Open University, onde actualmente é profesora de Musicoloxía na Universidade de Glasgow. Traballou nos eidos da comunicación, a tradución e a docencia. Comezou a publicar aos 16 anos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.