Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O dos euarcontos (Euarchonta) é un clado de mamíferos placentarios que comprende catro ordes: as dos dermópteros, os escandentes, os primates e os extintos plesiadapiformes. Tamén inclúe a extinta familia basal dos Adapisoriculidae.[1]
Euarcontos Euarchonta Rango fósil: paleoceno - actualidade | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Papio anubis | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Clados inferiores | |||||||||||||||||||||||||
O termo Euarchonta xurdiu por primeira vez na literatura científica en 1999 cando evidencias moleculares suxiren que se debría separarar aos Chiroptera do obsoleto clado dos Archonta.
Importantes análises das secuencias de ADN nuclear (Murphy et al., 2001) apoian a hipótese de Euarchonta, mentres que outro importante estudo de investigación de secuencias de ADN mitocondrial apoian un tipo de árbore filoxenética diferente (Arnason et al., 2002).[2] Pero un estudo sobre a presenza/ausencia de retrotransposóns deron un forte apoio a Euarchonta (Kriegs et al., 2007).[3]
Algunhas interpretacións de datos moleculares ligan a Primates e Dermoptera nun clado (mirorde) coñecido como Primatomorpha, que sería irmán de Scandentia. Para algúns investigadores Dermoptera sería o grupo máis próximo aos Primtes. Outras interpretacións vinculan a Dermoptera e Scandentia para situalos xuntos nun grupo chamado Sundatheria como irmán do grupo dos primates.
Outras análises filoxenéticas suxiren que Dermoptera e Scandentia forman un clado, Sundatheria, irmán de Primates.[4]
Entre outras, os machos teñen a característica de teren un pene externo pendurando, porque non está soldado ao abdome en toda a súa lonxitude.
O termo Euarchonta, que significa literalmente "os verdadeiros antepasados", deriva do nome científico Archonta precedido do elemento eu-, derivado do correspondente do grego antigo εύ- eú-, do adverbio έῧ éû, "ben", "verdadeiro".
Pola súa parte Archonta é un plural neutro derivado do grego antigo ἅρχων árchon, "o xefe", "o primeiro".
A hipótese actual, baseada en evidencias do reloxo molecular, suxire que os Euarchonta apareceron no período cretáceo, hai uns 88 millóns de anos (MA) e que diverxeron hai uns 86,2 MA para formar os grupos Scandentia e Primatomorpha. Este último diverxeu hai uns 79,6 MA dando lugar ás ordes dos Primates e os Dermoptera.[5]
Euarchontoglires |
| ||||||||||||||||||||||||||||||
Porén, a especie fósil máis antiga que pode atribuírse con confianza a Euarchonta (Purgatorius coracis) data do paleoceno temperán, hai 65 MA.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.