From Wikipedia, the free encyclopedia
O estragón[1] (Artemisia dracunculus) é unha planta da familia das asteráceas, atopando certa familiaridade co asente (Artemisia absinthium). No sur de Europa atópase brava, mais nos países do norte de Europa cultívase dándoselle ás diferentes variedades os nomes dos diferentes países. Deste xeito tense a variedade xermánica, francesa, rusa etc (difiren só no recendo e no sabor). A planta chega a acadar os 60 ou 120 cm. A orixe da planta non está moi clara, mais apúntase a Asia central e probabelmente Siberia, descoñecéndose a introdución desta planta en Europa.
Estragón | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Artemisia dracunculus L. |
Na Idade Media coñecíase esta planta nalgúns coma tragonia e tarchon (posibelmente pola súa orixe grego: ταρχων, targhón), sendo a crenza xeral que proviña da lingua árabe cuxo nome é tarkhun (طرخون). Esta pode ser a orixe etimolóxica da verba en galego estragón (estragão en portugués). No edicto de Carlomagno Capitulare de villis aparece mencionada unha herba denominada dragantea mais non queda claro que sexa o estragón.
O estragón emprégase en case todas as cociñas europeas, usándose só as follas, que deben ser frescas, acabadas de cortar, xa que as secas teñen un recendo moi feble. Cómpre non confundir este estragón co estragón mexicano moi empregado na elaboración do mole verde.
O auténtico recendo do estragón é lixeiramente anisado e aparece frecuentemente nas gastronomías do norte e leste de Europa. Na cociña francesa aparece coma un dos condimentos das mesturas de herbas:
É un dos condimentos máis importantes do sonado mollo béarnaise.
Na cociña alemá aparece como acompañamento de mollos, como por exemplo a maionesa e nos vinagres aromatizados (neste caso engádense alcaparras).
Ten accións eupépticas, carminativas e emenagogas. Úsase en dixestións pesadas, regulación dos períodos menstruais, en meteorismo, hipo, anorexia e inapetencia alimentaria.
A raíz tamén foi utilizada de forma tópica en trabadelas de cans e serpes. E as follas frescas teñen uso en dores artríticas e prevención de accidentes vasculares. Atópase en forma de diferentes preparados para a administración como cataplasmas, baños para pés e mans en dores artríticas, arrodeado de gasas para a dor de moas e infusións.
Artemisia dracunculus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 849. 1753.[2]
Hai dúas teorías na etimoloxía de Artemisia: segundo a primeira, debe o seu nome a Artemisa, irmá xemelga de Apolo e deusa grega da caza e das virtudes curativas, especialmente da gravidezs e os paristallos. Segundo a segunda teoría, o xénero foi outorgado en honra a Artemisia II, irmá e dona de Mausolo, rei da Caria, 353-352 a. C., que reinou logo da muerte do soberán. Na súa homenaxe erixiuse o Mausoleo de Halicarnaso, unha das sete marabillas do mundo. Era experta en botánica e en medicina.[3]
dracunculus: epíteto latino que significa "pequeno dragón".[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.