Estevo, papa electo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Estevo (II), finado o 26 de marzo de 752, foi un sacerdote romano elixido papa en marzo do ano 752 como sucesor de Zacarías. Finou dun infarto uns poucos días despois da súa elección, antes de ser consagrado como bispo,[1][2] polo que non aparece na lista de papas do Annuario Pontificio.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII Roma (Imperio Bizantino) |
Morte | 26 de marzo de 752 Roma (Estados Pontificios) |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
Papa | |
23 de marzo de 752 (Gregoriano) – 26 de marzo de 752 (Gregoriano) ← Zacarías, papa – Estevo II → | |
Cardeal | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
No ano 745, o papa Zacarías nomeouno cardeal-sacerdote, co título eclesiástico de San Crisogono.
O numeral dos papas chamados Estevo mudou ao longo dos anos. O numeral non foi utilizado polos pontífices ata o século X, e calquera número utilizado aos papas anteriores foi aplicado de forma póstuma.
Ata o século X, desde o 752 ata o 942, oito homes que levaron o nome Estevo, incluíndo a este, foron elixidos papa, pero só sete deles reinaron. O Annuario Pontificio engade na súa mención a Estevo II unha nota ao pé, na que se menciona ao papa-electo Estevo:
Trala morte do papa Zacarías, o sacerdote romano Estevo foi elixido; pero, debido a que morreu tres días despois e antes da súa consagración, que segundo o Dereito canónico do tempo supoñía o verdadeiro comezo do pontificado, o seu nome non foi rexistrado no Liber Pontificalis e en ningunha outra lista de papas.Annuario Pontificio[3]
O primeiro papa en levar o nome Estevo despois de converter en costume engadir o numeral foi chamado Estevo IX durante a súa vida e asinou todos os seus documentos como Stephanus Papa Nonus ("Papa Estevo IX").
A modificación do dereito canónico, en vigor ata o 1 de outubro de 1975,[4] considerado o momento cando un home pasa a ser papa o momento no que acepta a súa elección como tal, e este Estevo foi anacronisticamente chamado papa Estevo II. Algúns escritores, pero non todos, aumentaron consecuentemente o numeral dos seguintes papas chamados Estevo, converténdoos en Estevo III-X.[5] Este papa-electo Estevo foi retirado da lista de papas do Annuario Pontificio en 1961.[6]
As diferentes formas de chamar a estes papas, levou a que nalgunhas ocasións aparezan co dobre numeral, por exemplo Estevo II (III)- IX (X). Esta práctica pode atoparse na Enciclopedia Católica,[7] o Annuario Pontificio[3] e a Encyclopædia Britannica.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.