Osebe foi unha estación posteriormente convertida en apeadoiro ferroviario de Adif situado en Osebe, no concello de Teo, provincia da Coruña. Ten servizos de Rexional operado por Renfe.
Situación ferroviaria
Atópase no punto quilométrico 82 da liña férrea de ancho ibérico que une Redondela con Santiago de Compostela a 118 metros de altitude, entre as estacións da Escravitude e de Santiago de Compostela.[1]
Historia
Foi en 1863 cando se creou a sociedade do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel co propósito de unir Santiago de Compostela co Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.[2] Esta sociedade foi vendida en 1866 a The West Galicia Railway Company Limited, compañía británica que foi quen puxo en marcha o devandito tramo o 15 de setembro de 1873 despois de once anos de traballo.
O 9 de setembro de 1928, MZOV fíxose co control de The West Galicia Railway Company Limited. Con todo esta situación só durou un ano tras ser absorbida a primeira pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste. En 1941, Oeste foi nacionalizada e integrada na recentemente creada RENFE quen xestionou a estación ata a separación de Renfe en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
Servizos ferroviarios
Media distancia
Actualizado a 1 de xaneiro de 2018.
Liña MD | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
1 | Rexional | A Coruña Pontevedra Santiago de Compostela |
Vigo-Guixar | |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.