bacterias From Wikipedia, the free encyclopedia
As espiroquetas (Spirochaetes) son un filo de bacterias gramnegativas que teñen células alongadas e enroladas helicoidalmente. Entre elas hai algunhas que producen enfermidades nos humanos, como a sífilis ou a enfermidade de Lyme.[1]
Espiroquetas | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Treponema pallidum. | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Familias e xéneros | |||||||||
Spirochaetaceae |
Son bacterias bastante longas pero estreitas, cunha lonxitude comprendida entre 5 e 250 µm e un diámetro de arredor de 0,1-0,7 µm [2]. O citoplasma, membrana plasmática e parede forman o chamado cilindro protoplásmico. Teñen a peculiaridade de posuír unha membrana externa formada por múltiples capas chamada "envoltura celular" ou "vaíña externa" que rodea completamente o cilindro protoplásmico.
Spirochaetes distínguese dos demais filos bacterianos pola posesión duns flaxelos especializados denominados filamentos axiais, que non saen ao exterior, xa que están situados entre a envoltura celular externa e o cilindro protoplásmico (no espazo periplásmico). Producen un movemento xiratorio que fai que a bacteria se mova cara a adiante, como se fose un sacarrollas facendo flexións. Segundo a especie, poden ter de dous a 100 destes flaxelos por célula. Os flaxelos son de estrutura e composición similar aos do resto das bacterias, diferenciándose en que son completamente intracelulares. De cada extremo da célula emerxe un feixe de flaxelos, que se dobran cara a atrás e discorren por dentro do espazo periplásmico ao longo de 2/3 da lonxitude celular, e os que proceden de cada polo da bacteria se encontran no centro da célula.[2]
A mobilidade das espiroquetas é diferente á do resto das bacterias móbiles. A pesar de que os flaxelos son internos, o movemento dos flaxelos causa torsión na célula e, por tanto, mobilidade. Poden empregar tres tipos de movemento en medio líquido: rotación arredor do seu eixe, contraccións flexulosas e movemento helicoidal. Tamén poden desprazarse en ambientes altamente viscosos, mesmo en medios sólidos cun 1% de ágar.
Son organismos quimioheterótrofos, a maioría anaerobios que viven libremente, pero hai numerosas especies parasitas.
O xenoma de Spirochaetes é moi infrecuente e consta de cromosomas e plásmidos, e en xéneros como Borrelia os cromosomas son liñais en vez de circulares.[3]
O filo Sprirochaetes divídese en tres familias (Leptospiraceae, Spirochaetaceae e Brachyspiraceae), todas incluídas nun único orde, Spirochaetales. Membros importantes deste filo son:
Cavalier-Smith postulou que Spirochaetes forma parte dun clado maior denominado Gracilicutes.[7]
A taxonomía aceptada actualmente está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [8] e na base de datos do Centro Nacional para a Biotecnoloxía e Información (NCBI)[9] e a filoxenia está baseada no ARNr 16S LTP 106 do Proxecto 'The All-Species Living Tree' [10]
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
♦ Cepas tipo perdidas ou non dispoñibles
♪ Procariotas dos que non hai cultivos puros (axénicos) illados ou dispoñibles, é dicir, que non se poden cultivar ou non poden sosterse os cultivos durante certo tempo
♠ Cepas atopadas no NCBI pero non listadas na (LSPN)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.