From Wikipedia, the free encyclopedia
Thomas Cavalier-Smith, nado o 21 de outubro de 1942 e finado o 19 de marzo de 2021, foi un biólogo anglo-canadense, profesor titular de Bioloxía Evolutiva do departamento de Zooloxía da Universidade de Oxford e presidente da British Society for Protist Biology.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de outubro de 1942 Londres, Reino Unido |
Morte | 19 de marzo de 2021 (78 anos) |
Educación | King's College de Londres Gonville and Caius College (pt) Norwich School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica e Bioloxía evolutiva |
Ocupación | biólogo, biólogo evolutivo, protistologist (en) , botánico, catedrático, microbiólogo |
Empregador | Universidade de Oxford King's College de Londres |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Caval.-Sm. |
Abreviatura do autor en zooloxía | Cavalier-Smith |
Familia | |
Cónxuxe | Ema E-Yung Chao |
Premios | |
| |
Páxina web | zoo.ox.ac.uk… |
Está considerado como o principal protozoólogo do mundo e foi o responsábel dunha mellor comprensión do tronco da árbore da vida, que é a filoxenia profunda. Estableceu máis novas clases e filos que calquera biólogo na historia.
No 2004 outorgáronlle o Premio Internacional de Bioloxía e, en 2007, a Medalla Lineana de Zooloxía e mais o Premio Frink.
Crítico coas clasificacións clásicas dos seres vivos, gustaba de atacar as ideas que consideraba equivocadas. Para isto, realizou numerosas publicacións sobre a clasificación filoxenética e a orixe evolutiva dos seres vivos, especialmente de todos aqueles que non podemos ver a simple vista, como protistas e bacterias. Para isto baseouse no entendemento das principais transicións evolutivas, como a orixe dos eucariotas, a evolución molecular, a bioloxía celular, a ultraestrutura, a ecoloxía, a taxonomía, o rexistro fósil etc.
O seu laboratorio enfocouse na evolución e a bioxeografía de protozoos, en especial ameboides e flaxelados de vida libre, usando o cultivo celular, a secuenciación do ADN (xenes e xenomas), a bioinformática e a microscopia de luz e electrónica.
Os seus intereses teóricos eran moito máis amplos, chegando á diversificación dos principais grupos bacteriais e eucariotas.
Un dos seus traballos máis importantes é a teoría dos seis reinos, dividindo en 1981 a Protista en dous novos reinos: Chromista e Protozoa, cambiando a clasificación de Margulis grosso modo. Propón a Protozoa como un reino basal do que se orixinaron os demais reinos eucariotas superiores, dous heterótrofos: Animalia e Fungi, e dous autótrofos: Plantae e Chromista, este último aínda en debate e que corresponde a algas con c e organismos emparentados non fotosintetizadores. Divide a Protozoa nos supergrupos: Alveolata, Rhizaria, Excavata, Amoebozoa e Choanozoa, considerando a Chromista e Alveolata cun antepasado común: Chromalveolata, teoría que apoiaron despois estudos moleculares e morfolóxicos.
Tratou nas súas publicacións temas como a endosimbiose, a orixe dos orgánulos celulares ou o tamaño do xenoma.
Outro estudo importante refírese ao desenvolvemento evolutivo dos procariontes, aos que agrupa nun único reino, Bacteria, o cal ten un subreino basal ou ancestral: Negibacteria, das bacterias gramnegativas, as cales diverxeron por perda da membrana externa en Unibacteria (bacterias grampositivas) e estas á súa vez no clado Neomura, que finalmente daría orixe a dous clados irmáns: Archaebacteria e Eukaryota, os cales son moito menos antigos que as primeiras bacterias.
Os seus estudos foron sumamente controvertidos, porén na súa maior parte veñen sendo aceptados gradualmente pola comunidade científica.
A abreviatura Caval.-Sm. emprégase para indicar a Thomas Cavalier-Smith como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
A abreviatura Cavalier-Smith emprégase para indicar a Thomas Cavalier-Smith como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.