especie de insecto From Wikipedia, the free encyclopedia
A esfinxe colibrí (Macroglossum stellatarum) é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Sphingidae. Vive no sur de Europa, incluíndo a Península Ibérica, e no norte de África e centro de Asia, India e Indochina.[1] Recibe o seu nome polo seu voo e forma de alimentación, que se asemellan ao do colibrí.
Esfinxe colibrí | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
Macroglossum stellatarum Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||||||
azul, verán; verde, todo o ano; amarelo, posible distribución de inverno. |
A envergadura das ás é de 40-45 mm. As ás dianteiras son pardas con liñas e pintas negras, e as traseiras alaranxadas. O abdome é negro e branco no lateral, con sedas con forma de cola de ave. O seu ovo é de forma ovoide, de cor amarela a verdosa e adoita eclosionar en 8 días. Larva cilíndrica de cor amarela e máis tarde verde clara. Pupa de 30–35 mm.
É unha especie migratoria, mais en xeral non sobrevive o inverno nas rexións frías. Ten hábitos diúrnos, raro en bolboretas esfínxidas. Aliméntase de néctar de plantas de xéneros como Viola, Verbena ou Primula. A súa trompa, para libar o néctar, é case da mesma lonxitude ca o seu corpo e esténdese desenvolvéndose desde a súa boca.
Trala cópula a femia busca especies de plantas do xénero Galium ou outros membros da familia Rubiaceae como Rubia e tamén Carduus, Phlox, Petunia, Aster e Centaurea,[1] onde pon uns 200 ovos. Pasa o inverno hibernando como adulto, en diversos lugares como gretas das que sae en días temperados de pleno inverno para procurar alimento suplementario.
A esfinxe colibrí describiuse por primeira vez en 1758 na 10ª edición da obra Systema Naturae de Carl Linnaeus co nome Sphinx stellatarum. O nome da especie deriva de Stellatae, que é un sinónimo da familia das plantas Rubiaceae, que son unhas das plantas das que se alimenta a eiruga. Posteriormente, Giovanni Antonio Scopoli, en 1.777, describe a especie co nome Macroglossum.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.