From Wikipedia, the free encyclopedia
Os escafópodos (Scaphopoda),[2] coñecidos vulgarmente como cabeiros[3] ou dentalios,[4] son un pequeno grupo de moluscos que teñen unha cuncha lixeiramente curvada en forma de dente de elefante que está perforada polos dous extremos: unha parte anterior que é máis ancha e esta disposta cara a abaixo, e unha parte posterior que é máis estreita e está disposta cara a arriba, xa que é o lugar por onde entra e sae a auga.
Escafópodos Scaphopoda Cabeiros / dentalios | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Antalis vulgaris | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Ordes | |||||||
Estes animais posúen simetría bilateral e viven enterrados na area ou na lama e teñen un pé furador trilobulado que sobresae pola abertura anterior arredor do cal saen uns tentáculos longos e delgados chamados captáculos que serven para procurar o alimento.
O nome científico Scaphopoda está formado polos elementos do latón científico scapho-, tirado do grego antigo σκάφη skáphē, 'bote', e -poda, forma plural de -podus, derivada do grego antigo πούσ ποδός poús, podós, 'pé', en alusión á forma do pé destes moluscos.[5]
Os nomes vulgares cabeiro e dentalio derivan, respectivamente, da súa forma de dente cairo, e do xénero Dentalium, que comprende algunhas das especies máis coñecidas desta clase de moluscos.
Estes animais posúen unha masa bucal ben desenvolvida que contén un odontóforo e unha rádula, característicos da maioría dos bivalvos, e que lles serve para esnaquizar e axudar a tragar o alimento. Logo teñen un esófago que se continúa nun estómago que desemboca nun cego onde hai unhas glándulas dixestivas. A continuación está o intestino que bota as feces a través do ano e estas chegan á cavidade paleal e son expulsadas polas correntes de auga que circulan pola mesma.
É semellante ao dos bivalvos protobranquios pero con dous ganglios bucais que están conectados aos ganglios cerebrais. Como principais órganos dos sentidos están os captáculos que semellan ter unha función táctil e que algún tipo de estímulo fai que o animal comece a enterrarse. Tamén teñen uns estatocistos situados no pé. A cabeza e a cefalización están moi pouco desenvolvidas.
En xeral, os escafópodos carecen de corazón e cavidade pericárdica e no seu lugar a circulación funciona por unha serie de seos abertos.
Carecen de branquias, e no seu lugar usan os pregos do manto para os procesos de intercambio respiratorio de gases.
Teñen uns órganos excretores tipo nefridio que non están conectados co celoma pericárdico.
Son animais dioicos, e dicir, de sexos separados (macho e femia). No corpo destes animais aparece unha gran gónada que percorre a metade do corpo. A partir da fecundación aparece unha larva trocófora que sofre unha metamorfose e transfórmase nunha larva velíxera.
A maior parte da súa alimentación baséase nos detritos e diversos protozoos do substrato. Estes son capturados polos cilios do pé e son levados á boca.
Existen máis de 300 especies de cabeiros[6], sendo todos eles mariños. A inmensa maioría deles viven en augas pouco profundas ou medias, aínda que algúns poucos poden chegar a habitar a grande profundidade (ata 5.000 m).
Actualmente, segundo Rolán e Otrero Schmitt só se atopan dúas especies na costa galega:[7]
Segundo o World Register of Marine Species, a clase dos Scaphopoda comprende dúas ordes,[1] coas familias seguintes:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.