especie de molusco From Wikipedia, the free encyclopedia
Antalis novemcostata é unha especie de molusco escafópodo da orde dos dentalíidos (Dentaliida) e da familia do mesmo nome (Dentaliidae), unha das moitas que incúe o xénero Antalis.[1]
Antalis novemcostata | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cunchas de Antalis novemcostata no Rijksmuseum van Natuurlijke Historie, Leiden | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Antalis novemcostata (Lamarck, 1818) |
A especie Antalis novemcostata foi descrita en 1818 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck, co nome de Dentalium novencostatum,[2] no tomo V da súa obra Histoire naturelle des animaux sans vertèbres. (Ver en liña).
Ademais de polo seu nome actualmente válido coñeceuse durante moito tempo polo sinónimo Dentalium novemcostatum Lamark, 1818.[1]
Ten a cuncha de até 50 mm de lonxitude, moi semellante á da outra especie galega do xénero, A. vulgaris, da que se diferencia polas súas fortes costelas lonxitudinais, e polo seu extremo apical, máis afiado; a cor da cuncha é abrancazada, ás veces con manchas rosadas. O animal é de cor abrancazada. Vive en fondos de area lamacenta na rexión infralitoral.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.