From Wikipedia, the free encyclopedia
A Ertzaintza é a policía integral de Euskadi. Foi creada en 1982, en desenvolvemento do Estatuto de Autonomía do País Vasco de 1979. Na actualidade, o 90% dos axentes, denominados ertzainas, dos máis de 7.500 que dispón o corpo en Euskadi, son homes. Dispón de 25 comisarías despregadas nas distintas comarcas vascas.
Ertzaintza | |
---|---|
Tipo | Policía autonómica |
Data de fundación | 1982 |
Fundador(es) | Luis María Retolaza |
Organización matriz | Goberno Vasco |
Sede | Erandio |
País | España |
Na rede | |
http://www.ertzaintza.eus | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Actualmente a Ertzaintza ten tódalas competencias en orde pública, seguridade cidadá e tráfico do País Vasco.
As orixes da Ertzaintza actual, como forza policial integral vasca, poden remontarse ás vellas milicias municipais, que eran organizacións populares ó servizo dos concellos, creadas para satisfacer a necesidade da seguridade pública. Porén non foi ata o século XIX cando, deixando de lado esforzos voluntaristas, chégase á creación do corpo como unha policía profesional. Foi unha resposta resolta ó bandidaxe, que era consecuencia das convulsións políticas e sociais de final do século XVIII. O contexto decisivo para a súa configuración deuse durante a primeira guerra carlista, cando os Migueletes de Biscaia e Guipúscoa e os Miñóns de Áraba comezaron as súas actividades.
Durante a guerra civil o primeiro Goberno Vasco de José Antonio Aguirre creou un corpo de policía motorizada denominado "Ertzaña". O conselleiro de Interior era Telesforo Monzón e a súa sede atopábase no palacete de Ibaigane de Bilbao (actual sede do Athletic Club de Bilbao).
A verba Ertzaintza («Coidado do pobo») foi creada por Esteban Urkiaga «Lauaxeta», famoso escritor vasco fusilado durante a guerra civil española.
Nun primeiro momento, en 1980 estableceuse un campo provisional de adestramento para os "Berrozi", embrión do actual corpo policial. Co paso do tempo creouse unha academia estable para as seguintes promocións, en Arkaute (Áraba). Sendo lehendakari Carlos Garaikoetxea e conselleiro de interior Luis María Retolaza, en 1982, inaugurouse a súa sede actual. O seu primeiro director foi, durante 4 anos, Juan Porres.
Até 2006, 19 promocións de axentes pasaron pola academia antes de prestar servizo, e a 20ª promoción se encuentra nas aulas completando a súa formación. Cando saia á rúa a 20ª promoción, sumarán un total de 8.000 efectivos.
Na actualidade o curso básico ten unha duración de 9 meses, nos que os futuros axentes, tras ter superado un período de oposición de preto dun ano, aprenden as diferentes disciplinas que lles serán útiles no seu futuro laboral. Tras un período mínimo de 12 meses de prácticas prestando servizo activo nas rúas, os axentes son designados funcionarios de carreira.
Na 19ª promoción, para un total de 250 prazas que finalmente serían ampliadas a 450, presentáronse preto de 3.000 aspirantes, e tras superar as diferentes probas de preselección e os 9 meses de academia, tan só saíron á rúa uns 400. A diferenza doutros corpos, superar o período de oposición non significa superar a academia, e son bastantes os que se quedan polo camiño.
Malia ter grande importancia, o coñecemento do éuscaro non é requisito indispensable para acceder ó curso, se ben, durante o mesmo tódolos futuros axentes adquiren un nivel lingüístico mínimo para desenvolverse na vida cotiá de Euskadi.
Graos da Ertzaintza[1] | Escala superior | Escala executiva | Escala de inspección | Escala básica | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Escudo de gorra | |||||||||
Ombreira ríxida | |||||||||
Ombreira flexible | |||||||||
Emblema de grao | |||||||||
Grao | Intendenteburua (Superintendente) |
Intendentea (Intendente) |
Komisarioa (Comisario) |
Komisariondokoa (Subcomisario) |
Ofiziala (Oficial) |
Ofizialondokoa (Suboficial) |
Agente lehena (Axente primeiro) |
Agentea (Axente) | |
Graos da Ertzaintza[1] | Escala de facultativos e técnicos | ||||
---|---|---|---|---|---|
Escudo de gorra | |||||
Ombreira ríxida | |||||
Ombreira flexible | |||||
Emblema de grao | |||||
Grupo | Grupo A1 | Grupo A2 | Grupo C1 | Grupo C2 | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.