música irlandesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Enya, pseudónimo de Eithne Pádraigín Ní Bhraonáin, nada o 17 de maio de 1961 no condado de Donegal (Dún na n'Gall), é unha cantante irlandesa.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ga) Eithne Pádraigín Ní Bhraonáin 17 de maio de 1961 (63 anos) Gaoth Dobhair, Irlanda |
Outros nomes | Enya |
Actividade | |
Ocupación | cantante, pianista, compositora, compositora de cancións, artista discográfico |
Período de actividade | 1976 - |
Membro de | Clannad (1980–1982) |
Xénero artístico | New age, Música celta e pop operático (pt) |
Influencias | |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Warner Music Group |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Leo Brennan |
Irmáns | Moya Brennan Brídín Brennan Pól Brennan Ciarán Brennan |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | enya.com |
|
Iniciouse na carreira musical cun grupo de música celta chamado Clannad, que significa "Familia".[2] Pertencente a unha familia de músicos,[3] en 1982 uniuse a Nicky e Roma Ryan coa intención de compor bandas sonoras para películas: a primeira encarga importante foi para o documental británico The Celts; aínda que o éxito chegou da man de Watermark, que sentou o esquema xeral que ían seguir todos os seus discos. Dende 1987, a cantante compón e produce as súas propias obras.
Xunto a algúns temas instrumentais, acostuman ter un oco as cancións na súa lingua materna, o irlandés, e ás veces en latín. Así mesmo, ten cancións en galés, español, as linguas imaxinarias d´O Señor dos Aneis ou o xaponés.[4] Mais a lingua maioritaria é o inglés.
Nos seus discos podemos encontrar música con piano ou melodías atomizadas. As súas gravacións son a base de superposición de voces modificadas con sintetizadores.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.