Clannad

From Wikipedia, the free encyclopedia

Clannad

Clannad é unha banda de rock celtic irlandesa formada en 1970 en Gaoth Dobhair, no condado de Donegal (Dún na n'Gall). Os compoñentes da banda foron Máire Ní Bhraonáin (coñecida dende 2002 como Moya Brennan), os seus irmáns Ciarán O'Braonáin, Pól O'Braonáin, e os seus dous tíos Noel e Pádraig O'Dugáin. [1]Tamén formou parte da banda, entre 1979-1982, Eithne Ní Bhraonáin (Enya Brennan), irmá de Moya, Pól e Ciarán.

Datos rápidos Orixe, Período ...
Clannad
Thumb
Clannad nuns premios en Dublín, 2007.
OrixeGaoth Dobhair, Donegal, Irlanda
Período1970 - actualidade
MembrosMoya Brennan
Ciarán Brennan
Pól Brennan
Pádraig Duggan
Noel Duggan
Na rede
clannad.ie
iTunes: 509002 Last fm: Clannad Genius: Clannad
Pechar

En 1999, a banda gañou o Grammy ao mellor Álbum de música New Age (Landmarks) e as súas cifras de vendas superaron os 15 millóns de discos.

O 9 de agosto de 2016, aos 67 anos, faleceu Pádraig O'Dugáin na cidade de Dublin.

En 2019, Clannad comezou a súa xira de despedida In a Lifetime pero, en marzo de 2020, foi posposta por mor da pandemia da COVID-19 e se publicou un novo álbum recompilarorio titulado In a Lifetime que incluía dous temas novos.[2]

Discografía

  • 1973 - Clannad
  • 1975 - Clannad 2
  • 1976 - Dúlamán
  • 1979 - Clannad In Concert [Beo]
  • 1980 - Crann Úll
  • 1982 - Fuaim
  • 1983 - Magical Ring
  • 1984 - Legend
  • 1985 - Macalla
  • 1987 - Sirius
  • 1988 - Atlantic Realm [Fuaimriain]
  • 1989 - Past Present
  • 1989 - The Angel and the Soldier Boy [Fuaimriain]
  • 1990 - Anam
  • 1993 - Banba
  • 1996 - Lore
  • 1997 - Landmarks
  • 1998 - An Díolaim
  • 2003 - The Best Of Clannad: In A Lifetime
  • 2005 - Clannad: Live In Concert, 1996

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.