Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A enxiva (do latín gingīva) ou xenxiva[1] é unha mucosa formada por tecido conectivo denso cunha cuberta de epitelio escamoso queratinizado que cobre os procesos alveolares e rodea os dentes.[2]
A enxiva é contigua ao ligamento periodontal e, no seu exterior, aos tecidos mucosos da cavidade oral.
Ten polo xeral unha cor rosa pálida e, ao encontrarse adherida aos colos dos dentes (epitelio de unión) e inserida con fibras coláxenas (inserción conectiva), forma unha selaxe que protexe o óso e demais tecidos de soporte.
Segundo a zona onde se encontra, fálase de enxiva marxinal, enxiva inserida e enxiva alveolar.
A enxiva é un dos compoñentes do periodonto.
As enxivas son un tecido do interior da boca que cobre as mandíbulas, protexendo e axudando a suxeitar os dentes. Son visíbeis ao levantar os labios, e a súa coloración, se están sas, é entre rosácea e vermella pálida, cos dentes firmemente suxeitos.
A enxiva divídese en dúas rexións, a enxiva libre (marxinal) e a enxiva inserida. Estas dúas rexións combínanse para formaren a punta da enxiva, que se estende en sentido coronal entre os dentes, o que se coñece como papila interdentaria. Esta evita o impacto da comida na zona interproximal baixo a área de contacto dos dentes e o establecemento dunha irritación que podería finalmente orixinar algunha patoloxía periodontal.
Unha hixiene inadecuada ou insuficiente pode producir enfermedides peridontais, incluída a xingivite. Pode chegar a inflamarse debido a unha mala hixiene dentaria, podendo afectar o tecido xinxival e, nun caso máis severo, ao óso que sostén os dentes.
A inflamación da enxiva consta de tres etapas:
Poden presentarse problemas na enxiva cando se observan algúns destes síntomas:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.