Enterococcus faecalis
From Wikipedia, the free encyclopedia
Enterococcus faecalis é unha especie de bacterias grampositivas comensais, que viven no tracto dixestivo dos humanos e outros mamíferos e aves. Antes clasificábanse como parte do Grupo D dos Streptococcus, polo que antes de 1984 E. faecalis denominábase Streptococcus faecalis.[1] [2] Como outras especies do xénero Enterococcus, E. faecalis pode causar infeccións en humanos que poden chegar a ser mortais, especialmente no ambiente hospitalario (infección nosocomial), onde os altos niveis naturais de resistencia a antibióticos de E. faecalis contribúen á súa patoxenicidade.[2] E. faecalis encóntrase con frecuencia en raíces de dentes que foron tratados odontoloxicamente entre o 30% e o 90% dos casos.[3][4]
Enterococcus faecalis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Enterococcus faecalis' |
O hábitat normal da especie é o tubo dixestivo de animais de sangue quente. Son indicadores de contaminación fecal, polo que a súa presenza nos alimentos indica en xeral falta de hixiene ou defectuosas condicións de conservación.
Fisioloxía
E. faecalis é unha bacteria inmóbil, anaerobia facultativa, que fermenta a glicosa sen producir gas, e é catalase negativa. Pode producir unha reacción de pseudocatalase feble se se cultiva en ágar sangue. Reduce o leite de tornasol, pero non licúa a xelatina. O seu crecemento en caldo nutriente é consistente con ser anaerobia facultativa. Cataboliza unha variedade de fontes de enerxía como carbohidratos, glicerol, lactato, malato, citrato, arxinina, agmatina, e moitos cetoácidos. Os enterococos sobreviven en ambientes moi hostís como a pHs extremadamente alcalinos (9,6) e altas concentracións de sal. Resiste aos sales biliares, deterxentes, metais pesados, etanol, azidas, e a desecamento. Pode crecer entre 10 e 45 °C e sobrevive durante 30 minutos a 60 °C. Como son moi resistentes a condicións adversas (conxelación, desecamento, tratamento térmico etc.) son bos indicadores para valorar as condicións hixiénicas e de conservación dos alimentos conxelados e desecados.
Patoxénese
E. faecalis pode causar endocardite e bacteremia, infeccións do tracto urinario, meninxite, e outras infeccións en humanos.[5][6] Pénsase que ten varios factores de virulencia que contribúen ás súas infeccións. Unha hemolisina codificada nun plásmido, chamada citolisina, é importante para a patoxénese en modelos animais, e a citolisina en combinación con altos niveis de resistencia á xentamicina está asociada con quintuplicar o risco de morte por bacteremia en humanos.[7][8][9] Un factor chamado "substancia de agregación" codificado nun plásmido é tamén importante para a virulencia en modelos animais da infección.[8][10]
Resistencia a antibióticos
E. faecalis é resistente a moitos axentes antimicrobianos comúns (aminoglicósidos, aztreonam, cefalosporinas, clindamicina, as penicilinas semisintéticas nafcilina e oxacilina, e trimetoprim-sulfametoxazol)[11][12]. A resistencia á vancomicina estase facendo máis común.[13][14] Opcións de tratamento para E. faecalis resistente á vancomicina son o linezolid e a daptomicina, aínda que é preferible a ampicilina en caso de que a bacteria sexa susceptible a ela.[15] A quinupristina/dalfopristina poden utilizarse para tratar Enterococcus faecium pero non E. faecalis.[15]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.