Cetoácido
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os cetoácidos, tamén chamados oxoácidos, son compostos orgánicos que conteñen un grupo carboxilo e un grupo cetona. Os alfa-cetoácidos son especialmente importantes en bioloxía xa que algúns deles interveñen no ciclo de Krebs e na glicólise.[1] Nalgúns casos o grupo cetona é hidratado.

Tipos
Os tipos máis comúns de cetoácidos son:
- Alfa-cetoácidos, ou 2-oxoácidos. Teñen o seu grupo cetona adxacente ao grupo carboxilo. Exemplos son: o ácido pirúvico, ácido oxalacético e ácido glicólico.[2]
- Beta-cetoácidos ou 3-oxoácidos. Teñen o grupo cetona situado no segundo carbono contado a partir do grupo carboxilo. Un exemplo é o ácido acetoacético.
- Gamma-cetoácidos ou 4-oxoácidos. Teñen o grupo cetona situado no terceiro carbono contado a partir do grupo carboxilo. Un exemplo é o ácido levulínico.
Funcións
Os alfa-cetoácidos utilízanse principalmente como fonte de enerxía polas células do fígado (hepatocitos) e na síntese de ácidos graxos hepática.
O oxalacetato é importante no ciclo de Krebs e na gliconeoxénese. Tamén intervén no ciclo de Krebs o cetoácido alfa-cetoglutarato.
O piruvato é o produto final da glicólise, que pode ser despois "respirado" nas mitocondrias ou fermentado no citosol.
Os aminoácidos cetoxénicos poden ser desaminados no noso metabolismo e orixinaren alfa-cetoácidos e corpos cetónicos.
Un caso especial é o do ácido neuramínico, que é un ácido cetoaldónico ou ulosónico, que leva un grupo cetona e un grupo carboxilo, pero tamén un grupo amino, e grupos OH e forma moléculas cicladas, polo que en vez de como cetoácido se clasifica como azucre ácido.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.