político xaponés From Wikipedia, the free encyclopedia
O Emperador Konoe (近衛天皇 Konoe-tennō?, 16 de xuño de 1139-22 de agosto de 1155) foi o 76º emperador do Xapón,[1] segundo a orde tradicional de sucesión.[2]
Nome orixinal | (ja) 近衛天皇 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de xuño de 1139 Heian-Kyo, Xapón (pt) |
Morte | 22 de agosto de 1155 (16 anos) Heian-Kyo, Xapón (pt) |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Anrakuju-in (en) |
Emperador do Xapón | |
5 de xaneiro de 1142 – 22 de agosto de 1155 ← Imperador Sutoku (pt) – Imperador Go-Shirakawa (pt) → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Familia | Casa Imperial do Japão (pt) |
Cónxuxe | Fujiwara no Tashi Fujiwara no Shimeko |
Pais | Imperador Toba e Fujiwara no Nariko |
Irmáns | Kakushō-nyūdōshinnō Kakukai-hosshinnō Imperador Go-Shirakawa Imperador Sutoku Akiko-naishinnō Kenshi-naishinnō Shōshi-naishinnō Muneko-naishinnō Shushi-naishinnō |
Parentes | Imperador Sutoku, pai adoptivo Fujiwara no Kiyoko, pai adoptivo |
O reinado de Konoe estendeuse entre os anos 1142 e 1155.[3]
Antes da súa suba ao Trono do Crisantemo, o seu nome persoal (imina)[4] foi Narihito-shinnō (体仁親王).[5] Tamén foi coñecido como Tosihito-shinnō.[6]
Foi o oitavo fillo do Emperador Toba.[6] A súa nai foi Fujiwara Tokuko (1117–1160), muller de Toba.[7]
Kōgō Fujiwara Masuko (1140–1201) foi a esposa do Emperador Konoe; mais tras o pasamento deste casou co Emperador Nijo. Máis tarde, foi chamada Grande Emperatriz Viúva Omiya.[8]
Konoe foi nomeado herdeiro ao pouco de nacer e foi proclamado emperador aos 3 anos.
Daquela, o Kampaku Fujiwara-no Tadamichi converteuse no Sesshō ou rexente. O emperador enclaustrado Toba continou dirixindo todos os asuntos de Estado, mentres o retirado Emperador Sutoku carecía de poderes. Este conflito provocou numerosas polémicas durante o reinado de Konoe.[6]
Durante o reinado de Konoe construíuse o Templo Enshō (Supremacía da Duración). Despois disto, os sucesivos emperadores non construirían templos imperiais destinados á oración.[16]
Konoe gobernou 13 anos: 2 anos en nengō Kōji, 1 ano en Ten'yō, 6 anos en Kyūan, 3 wn Ninpei e 2 anos en Kyūju.[13]
Kugyō (公卿) é un termo que designa o grupo formado polos homes máis poderosos da corte do Emperador do Xapón (nas épocas anteriores ao Período Meiji).
En xeral, este grupo de elite incluía 3 ou 4 homes ao tempo. Eran cortesáns cuxa experiencia e presenza os levaría ao cume da súa traxectoria profesional. Durante o mandato de Konoe, esta cúspide do Daijō-kan incluía:
Os anos do goberno de Konoe identifícanse especificamente por máis dunha era ou nengo.[18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.