Empalamento
método de execución ou tortura From Wikipedia, the free encyclopedia
O empalamento[1] é un método de tortura e execución onde a vítima é atravesada por unha estaca. A penetración pódese facer por un lado, polo recto ou pola boca. A estaca adoitábase cravar no chan deixando a vítima pendurada para que morrese.

Nalgúns tipos de empalamento, a estaca non se afiaba e inseríase evitando a morte inmediata para prolongar a agonía da vítima que podía chegar a durar ata tres días.[2] Un xeito de facer esta morte gradual sería inserindo a estaca polo recto atravesando o corpo e saíndo polo ombreiro dereito sen danar o corazón.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.