cantante británica From Wikipedia, the free encyclopedia
Elena Jane Goulding, nada en Herefordshire o 30 de decembro de 1986, é unha cantante, compositora e multiinstrumentista inglesa, máis coñecida como Ellie Goulding. Saltou á fama en 2009 logo de gañar a enquisa «Sound of 2010» realizada pola BBC. Ademais por recibir o premio á elección dos críticos nos premios Brit.1
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Elena Jane Goulding 30 de decembro de 1986 (37 anos) Hereford (Reino Unido) |
Residencia | Londres |
Educación | Universidade de Kent - sen valor Lady Hawkins' School (en) Hereford Sixth Form College (en) |
Altura | 165 cm |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | cantautora, actriz, compositora de cancións, cantante, artista discográfico |
Período de actividade | 2009 - |
Xénero artístico | Synthpop, electropop, indie pop, folktrónica, rock alternativo, Música alternativa, Dream pop e indietronica (pt) |
Influencias | |
Patrimonio estimado | 16.000.000 £ (xullo de 2020) |
Tesitura | Soprano e alto (pt) |
Instrumento | Voz, guitarra, piano, Clarinete, Mandolina, Pandeireta e Tambor |
Selo discográfico | Neon Gold Records (pt) Cherrytree Records (pt) Polydor Records Interscope Records |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Caspar Jopling (2019–2024) |
Parella | Caspar Jopling (2017–2024) Dougie Poynter (2014–2016) Jeremy Irvine (2013–2013) Calvin Harris (2013–) Skrillex (2012–2012) Greg James (2010–2012) |
Páxina web | elliegoulding.com |
|
Dende moi nova, Ellie mostrou grande interese pola música. Aprendeu a tocar o clarinete e a guitarra antes dos quince anos, ademais de graduarse na Universidade de Kent en teatro. Sen moito éxito, comezou a promocionarse no seu país natal co lanzamento do seu primeiro EP chamado An Introduction to Ellie Goulding e o seu primeiro sinxelo «Under the Sheets». Posteriormente lanzou «Starry Eyed» e o seu primeiro álbum de estudio Lights. Ámbolos dous situáronse nas cinco primeiras posicións do UK Singles Chart e UK Albums Chart. Concretamente, Lights debutou como número un. Os dous sinxelos que seguiron, «Guns and Horses» e «The Writer», non puideron lograr os dez primeiros postos no Reino Unido. Tras a súa participación no iTunes Festival de 2010, publicou un EP coas cancións en vivo que interpretou e ademais «Run Into the Light». Dado o pouco tempo que tivo para traballar no seu disco, Ellie comezou unha reedición de Lights chamada Bright Lights, cunha versión de «Your Song» e un novo tema chamado «Lights» como principais sinxelos. O primeiro destes situouse na segunda posición das listas do Reino Unido, mentres que o segundo a cuadraxésimo novena. A pesar disto, «Lights» converteuse nun éxito en Norteamérica, xa que alcanzou a segunda posición nas listas estadounidenses e a sétima nas do Canadá. Ademais, vendeu máis de tres millóns de copias nos Estados Unidos.
Grazas a todo o éxito obtido no 2010, Ellie recibiu dous nomeamentos ós premios Brit de 2011, aínda que non resultou gañadora en ningún deles. Igualmente gañou un Glamour Award á revelación do ano. Logo, «Anything Could Happen» converteuse no sétimo sinxelo da cantante. Este logrou a quinta posición no Reino Unido e aínda que non acadou unha alta posición nos Estados Unidos, vendeu un millón de copias. Para seguir coa promoción de Halcyon, o seu novo álbum, Ellie lanzou «Figure 8» e «Explosions». O primeiro sinxelo non tivo éxito comercial, salvo en Finlandia e Nova Zelandia, mentres que o segundo contou cunha boa recepción no Reino Unido. Con todo, o álbum debutou como número dous en UK Albums Chart. Logo a cantante recibiu un nomeamento ós Teen Choice Awards, coma artista revelación, pero non conseguiu gañar. Ao igual que co seu primeiro disco, Ellie reeditou e relanzou Halcyon como Hacyon Days. O sinxelo líder, «Burn» logrou unha boa recepción comercial ao redor do mundo. Concretamente, converteuse no primeiro número 1 de Ellie no Reino Unido ademais do seu primeiro top dez en Alemaña e Australia.
Ao longo da súa carreira Ellie foi nomeada a gran variedade de premios. A pesar de que a gran maioría das veces non resultou vitoriosa, ten no seu poder un BRIT, o premio máis importante outorgado no Reino Unido. A continuación, unha lista con todas as candidaturas da cantante:
Ano | Premio | Traballo nomeado | Categoría | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|---|
BBC Sound of... | Ellie Goulding | Son do 2010 | Gañadora | ||
Brit Awards | Elección dos críticos | Gañadora | |||
Q Awards | Mellor artista feminina | Nomeada | [1] | ||
Mellor artista novo | Nomeada | ||||
BT Digital Music Awards | Mellor artista feminina | Nomeada | [2] | ||
Brit Awards | Mellor artista británica | Nomeada | [3] | ||
Mellor artista novo británico | Nomeada | ||||
Glamour Magazine Awards | Revelación do ano | Gañadora | [4] | ||
Teen Choice Awards | Elección musical: artista revelación | Nomeada | [5] | ||
MTV Europe Music Awards | Mellor artista británico/irlandés | Nomeada | [6][7] | ||
BBC Radio 1 Teen Awards | Mellor artista británico solista | Nomeada | [8][9] | ||
«Burn» | Mellor sinxelo británico | Nomeada | |||
Brit Awards | Ellie Goulding | Mellor artista británica | Pendente | [10] | |
«Burn» | Mellor sinxelo británico | Pendente | |||
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ellie Goulding |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.