Cantante, pianista e compositor inglés (nacido en 1958) From Wikipedia, the free encyclopedia
Catherine Bush, nada en Bexleyheath o 30 de xullo de 1958,[1][2] é unha cantante, bailarina, compositora e produtora musical inglesa. En 1978, con dezanove anos, acadou o número un da UK Singles Chart durante catro semanas co seu primeiro sinxelo "Wuthering Heights", o que a converteu na primeira artista feminina que obtivo un número un no Reino Unido cunha canción composta por ela mesma.[3] Dende entón publicou vinte e cinco sinxelos que entraron no Top 40, incluídos os Top 10 "The Man with the Child in His Eyes", "Babooshka", "Running Up That Hill", "Don't Give Up" (dúo con Peter Gabriel) e "King of the Mountain". Os seus dez álbums de estudio estiveron entre os dez máis vendidos do Reino Unido, incluídos os números un Never for Ever (1980), Hounds of Love (1985) e a compilación The Whole Story (1986). Foi a primeira solista británica que liderou a lista de vendas británica de álbums e a primeira artista feminina que tivo un álbum no número un.[4]
(1981) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Catherine Bush 30 de xullo de 1958 (66 anos) Bexleyheath, Reino Unido (pt) |
Educación | London South East Colleges (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | música, actriz de cinema, cantante, compositora de cancións, artista discográfico, produtora musical, mimo, directora de cinema |
Período de actividade | 1975 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Art pop (pt) , pop progresivo, canción de autor, Baroque pop, pop experimental, Art rock e pop rock |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Guitarra, piano, violoncello, baixo e voz |
Selo discográfico | EMI Harvest Records (pt) Columbia Records EMI |
Deporte | Karate |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Del Palmer |
Irmáns | John Carder Bush Paddy Bush |
Premios | |
| |
Páxina web | katebush.com |
|
Bush comezou a escribir cancións aos once anos. Foi contratada por EMI Records despois de que o guitarrista de Pink Floyd David Gilmour axudase a producir unha maqueta. O seu álbum de debut, The Kick Inside, publicouse en 1978. Bush foi gañando independencia artística na produción dos seus discos e produciunos todos dende The Dreaming (1982). Tomouse un descanso entre o sétimo e o oitavo, The Red Shoes (1993) e Aerial (2005). Volveu conseguir atención en 2014 co seu concerto Before the Dawn, primeiro espectáculo dende The Tour of Life de 1979.
O estilo ecléctico e experimental de Bush, as súas letras pouco convencionais e os seus temas literarios influíron a un amplo rango de artistas. Foi candidata a trece premios da British Phonographic Industry,[5] gañando o de mellor artista británica en 1987,[6] e foi candidata a tres premios Grammy. En 2002 foi recoñecida cun premio Ivor Novello pola súa contribución á música británica. En outubro de 2017 foi seleccionada para a súa inclusión no Rock and Roll Hall of Fame en 2018.[7] Bush foi nomeada Comandante da Orde do Imperio Británico (CBE) en 2013 polos seus servizos á música.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.