serie de TV española From Wikipedia, the free encyclopedia
El Internado foi unha serie de televisión producida por Globomedia para a cadea española de Antena 3, emitida entre o 24 de maio de 2007 e o 13 de outubro de 2010.
Os protagonistas na primeira tempada | |
Formato | Drama-Misterio (1ª a 6ª tempada) Acción (7ª tempada) |
---|---|
Creado por | Globomedia |
Intérpretes | Luis Merlo Marta Torné Martiño Rivas Ana de Armas Raúl Fernández Yon González Elena Furiase Blanca Suárez Irene Montalà Javier Ríos Cristina Marcos Carlota García Denisse Peña Ismael Martínez Javier Cidoncha Sergio Murillo Yolanda Arestegui Nani Jiménez José Ángel Trigo Iñaki Font Amparo Baró |
País de orixe | España |
Episodios | 71 (en 7 tempadas) |
Duración | 75 min aprox. |
Canle de orixe | Antena 3 |
Formato de imaxe | 720p HDTV |
Primeiro episodio | 24 de maio de 2007 |
Derradeiro episodio | 13 de outubro de 2010 |
Na rede | |
https://www.antena3.com/series/el-internado/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A estrea das sucesivas tempadas produciuse os días 7 de novembro de 2007 (2ª), 23 de abril (3ª), 22 de outubro de 2008 (4ª), 12 de maio de 2009 (5ª), 16 de novembro de 2009 (6ª) e 2 de xuño de 2010 (7ª). O 13 de outubro de 2010 despediuse cun final feliz, exceptuando a morte de Fermín, un dos personaxes protagonistas.
É a segunda serie máis cara de España cun orzamento de 600.000 euros por capítulo e é considerada unha das mellores series da televisión española.[1]
Comeza un novo curso no internado La Laguna Negra, un prestixioso centro educativo emprazado en metade dun bosque onde estudan os fillos das familias máis influentes do país. Os integrantes do centro, alumnos, profesores e o persoal que traballa alí volven verse, dispostos a iniciar o curso con ilusión.
Este ano, chegan dous novos alumnos ao internado: Marcos Novoa Pazos e a súa irmá Paula, quen teñen que iniciar unha nova vida tras a desaparición dos seus pais. Tamén acaba de vir a nova moza da limpeza, María, unha moza de pasado turbio da que o centro descoñece que se fuxiu dun hospital psiquiátrico, e que veu ao internado buscando ao seu fillo.
Por outra banda, algúns dos alumnos irán descubrindo, por mor da desaparición dun ancián profesor, un misterio que se oculta na Laguna Negra, sen ser conscientes do perigo que corren debido a unha organización que busca uns tesouros ocultos no internado e outra que, supostamente, trafica con órganos infantís. Matan a un dos alumnos e queren acabar cos demais. Pero o inimigo está máis preto do que eles cren, xa que, neste internado, nada é o que parece ser e algunhas persoas non son quen din ser xa que esas persoas traballan no Proyecto Géminis.
O Internado Laguna Negra é un prestixioso centro educativo emprazado na metade dun bosque onde estudan os fillos das familias máis influentes de España. É un internado de primaria, secundaria e preparatoria no que estudan alumnos de 6 a 18 anos. Residen máis de 400 persoas no internado, entre encargados, profesores e alumnos.
Os exteriores da serie foron rodados no campus de La Berzosa da Universidade Antonio de Nebrija en Hoyo de Manzanares, Madrid.
O 25 de maio de 2009 estreouse a serie na cadea mexicana Azteca 7, ás 8:00[2]. A canle mexicana xa terminou de transmitir a cuarta tempada. Para a estrea da quinta tempada non se programou ningunha data. Pasábase de luns a xoves nun horario de 7:00 a 8:00 pm., e os venres transmitíase (no mesmo horario) o "Maratón El Internado", na sección chamada "Viernes Irreversible", o cal era un reconto dos catro capítulos transmitidos durante a semana. Actualmente non se transmite en ningún horario.
A serie tamén se emitirá proximamente, a través de AXN Central Europe en varios países de Europa Central como Hungría, República Checa, Eslovaquia, Polonia, Romanía ou Bulgaria.
Está prevista a emisión da serie orixinal en Vietnam a través da canle VTC9.
Actualmente, a cuarta tempada estase emitindo a traves da canal 201 do sistema de Tv Satelital DirecTV, na Arxentina. E en Chile atraves do canal 13.
A serie non se vendeu a Estados Unidos, aínda que existen contactos da produtora española Globomedia con canles e produtoras americanas para adaptar ou co-producir esta serie.
Farase unha versión francesa do Internado que se chamará L'Internat na cadea M6. A estrea está prevista para finais de 2009.
Para Antena 3 foi a súa mellor estrea de ficción desde hai 3 anos, superando sempre os 3 millóns de espectadores, chegando ata, en seis ocasións, a superar os 4 millóns. É unha das series de maior éxito da historia da cadea e é gañadora de diferentes premios, entre eles o Ondas.
Tempada | Capítulos | Espectadores | Share |
---|---|---|---|
Primeira | 1-6 | 4 077 000 | 23,8% |
Segunda | 7-14 | 3 612 000 | 20,2% |
Terceira | 15-23 | 3 421 000 | 20,4% |
Cuarta | 24-34 | 3 893 000 | 22,0% |
Quinta | 35-43 | 3 163 000 | 18,4% |
Sexta | 44-56 | 2 929 000 | 16,5% |
Sétima | 57-71 | 2 500 000 | 15,0% |
Media | 71 | 3 371 000 | 19,4% |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.