Edwin Arnold

From Wikipedia, the free encyclopedia

Edwin Arnold

Edwin Arnold, nado en Gravesend o 10 de xuño de 1832 e finado o 24 de marzo de 1904, foi un xornalista e escritor británico.

Traxectoria

Formou parte da dirección do Daily Telegraph, e foi un dos que máis apoiou, cos propietarios do seu periódico e o New York Herald, a viaxe de Stanley a África para descubrir o curso do río Congo, en agradecemento Stanley deulle o seu nome a unha montaña. Arnold foi tamén o primeiro que tivo a idea dunha liña de ferrocarril que atravesase o continente africano e o primeiro en empregar a frase, en 1874, "Cape to Cairo railway" (Ferrocarril de Cidade do Cabo a O Cairo), popularizada posteriormente por Cecil Rhodes.

A súa principal obra The Light of Asia (1879), unha epopea india, na que versifica a vida e ensinanzas de Buda, tivo un inmediato éxito en Gran Bretaña e os Estados Unidos.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.