From Wikipedia, the free encyclopedia
Edward Joseph "Ed" Snowden, nado en Elizabeth City, Carolina do Norte, o 21 de xuño de 1983[1] é un analista informático ex traballador da CIA e a NSA.[2][3] En xuño de 2013, Snowden fixo públicos, a través dos xornais The Guardian e The Washington Post, documentos clasificados como alto secreto sobre varios programas da NSA, incluíndo os programas de vixilancia masiva PRISM e XKeyscore.[3][4][5][6][7]
Crese que Snowden fuxiu de Hong Kong (China) cara a Rusia; Snowden solicitou a Ecuador que lle conceda asilo.[8] O Departamento de Xustiza dos Estados Unidos clasificou a participación de Snowden no programa de vixilancia PRISM como un «asunto criminal», polo que non está clara a sorte que terá.[9]
Tamén solicitou asilo a España, Venezuela, Bolivia ou Cuba entre un total de 21 países.[10] O 5 de xullo de 2013 o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, ofreceu asilo humanitario a Snowden,[11] pero ó mesmo tempo, o presidente da República de Nicaragua, Daniel Ortega, dixo no Acto do 34 aniversario do repregamento táctico a Masaya (Nicaragua) que se consideraría ofrecerlle asilo a Snowden e afirmou que Nicaragua xa recibira a carta de petición de asilo na súa embaixada en Moscova.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.