futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Eduardo Sousa Pérez, nado en Tui o 15 de xullo de 1991, é un futbolista galego. Xoga de porteiro no Pontevedra, da Segunda División RFEF.
Edu Sousa | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Eduardo Sousa Pérez | ||
Nacemento | 15 de xullo de 1991 (33 anos) | ||
Lugar de nacemento | Tui | ||
Altura | 1,79 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Pontevedra | ||
Carreira xuvenil | |||
2004–2005 | Areosa | ||
2005–2006 | Celta de Vigo | ||
2006–2007 | Atlético de Madrid | ||
2007–2010 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2012 | Fabril | 4 | (0) |
2012–2013 | Pontevedra B | 35 | (0) |
2012–2020 | Pontevedra | 250 | (0) |
2020–2022 | Talavera de la Reina | 52 | (0) |
2022–2023 | Deportivo da Coruña | 6 | (0) |
2023– | Pontevedra | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 13 de agosto de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Tras pasar brevemente polas canteiras do Areosa, o Celta de Vigo e o Atlético de Madrid, chegou en 2007 ao Deportivo da Coruña.[1] Militou tres anos equipo xuvenil do club, e na tempada 2009/10 debutou co Fabril na Terceira División, nun encontro ante o Coruxo en Abegondo, participando así do ascenso á Segunda División B. Pasou os dous seguintes anos no filial, pero sen apenas participación, ao ter por diante ao porteiro Diego Rivas primeiro e máis tarde a Marc Martínez.
En 2012, despois de cinco anos no Deportivo, deixou o club e asinou co Pontevedra B, de Preferente. Disputou 35 partidos co filial e na tempada 2013/14 fíxose coa titularidade no primeiro equipo do Pontevedra, da Terceira División. Defendeu a portería de Pasarón durante os seguintes sete anos, logrando o ascenso a Segunda B e acumulando 251 partidos oficiais. Exerceu ademais como capitán do equipo.[2]
En 2020 deixou Pontevedra despois de oito anos e puxo rumbo a Castela-A Mancha, onde fichou polo Talavera. No club manchego coincidiu de novo con David Añón, co que compartira equipo tanto no xuvenil do Deportivo, como no Fabril e no Pontevedra.[2] Xogou un total de 52 partidos co Talavera en dúas tempadas, a segunda delas nova Primeira División RFEF, perdendo a categoría ao remate da campaña.
Tralo descenso do club regresou a Galicia, onde ingresou de novo no Deportivo da Coruña, unha década despois da súa saída do club.[1] Debutou co equipo o 9 de outubro de 2022, nun partido da Primeira División RFEF diante do Rayo Majadahonda, conseguindo manter a portería a cero.[3] No Deportivo contou con poucas oportunidades, sendo a titularidade para Ian Mackay. Con todo, xogou seis partidos e substituíu a Mackay trala súa expulsión no treito final do partido de volta das semifinais da promoción de ascenso ante o Castellón, na que o club coruñés quedou eliminado.[4]
Tras rematar o seu contrato regresou ao Pontevedra, equipo da Segunda División RFEF.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.