actriz de cinema e cantante estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Mary Leta Dorothy Lamour (Slaton), nada en Nova Orleáns o 10 de decembro 1914 e finada nos Ánxeles o 22 de setembro 1996, foi unha actriz de cinema e cantante estadounidense coñecida como Dorothy Lamour. É lembrada sobre todo por traballar na serie de comedias de éxito “Road to...” con Bing Crosby e Bob Hope.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mary Leta Dorothy Slaton 10 de decembro de 1914 Nova Orleáns, Estados Unidos de América |
Morte | 22 de setembro de 1996 (81 anos) Hollywood, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de teatro, locutora de radio, concursante en certames de beleza, actriz de cinema, cantante, actriz de televisión, ascensorista (pt) |
Período de actividade | 1933 - |
Partido político | California Republican Party (en) |
Xénero artístico | Música pop tradicional |
Instrumento | Voz |
Premios | |
Páxina web | dorothylamour.com |
|
Lamour naceu en Nova Orleáns,[2] Luisiana, filla de Carmen Louise LaPorte (1892–1930) e John Watson Slaton (1895–1963), ambos camareiros.[3] O matrimonio dos seus pais durou só uns anos, e a súa nai volveu casar con Clarence Lambour, de quen Dorothy tomou e adaptou o seu apelido como nome artístico.[4] Este matrimonio tamén acabou en divorcio cando Dorothy era unha adolescente. A economía familiar era tan desesperada que cando tiña quince anos, falsificou a firma da súa nai nun documento que a autorizaba a abandonar o colexio. Máis tarde, asistiu a unha escola de secretariado para a que non necesitaba o diploma da escola secundaria. Era unha excelente mecanógrafa e normalmente escribía as súas propias cartas, mesmo despois de facerse famosa.
Despois de gañar en 1931 o concurso de beleza Miss Nova Orleáns,[5] a súa nai e ela mudáronse a Chicago, onde Dorothy gañaba 17 dólares á semana como ascensorista nos almacéns Marshall Field na rúa State. Non tiña formación como cantante pero un amigo convenceuna para que se presentase para un anuncio con Herbie Kay, un director de orquestra que tiña un programa nacional de radio chamado The Yeast Foamers.
Deixou a orquestra de Kay e mudouse a Manhattan, onde o coñecido cantante Rudy Vallee a axudou a conseguir un traballo de cantante nun coñecido night club, O Morocco. Traballou tamén en 1 Fifth Avenue, un cabaré onde coñeceu a Louis B. Mayer, magnate dos estudos MGM. Foi Mayer quen organizou unha proba de cámara para Dorothy, que a levou a ser contratada pola Paramount en 1935.[6] Ese mesmo ano, conseguiu o seu propio programa musical de 15 minutos en NBC Radio. Tamén cantou no coñecido programa de radio de Rudy Vallee. Cando estaba no apoxeo da súa popularidade, as súas fans suxeriron que o seu apelido foi creado por un axente a partir da palabra francesa "amour". Foi Dorothy quen o adaptou de Lambour, que era o apelido do seu pai adoptivo, Clarence.
Coñeceu a J. Edgar Hoover, director do FBI. Segundo o biógrafo de Hoover Richard Hack, Hoover estaba interesado en Dorothy, pero ela só quería unha amizade. Hoover e Lamour foron grandes amigos ata a morte de Hoover. Lamour nunca negou os rumores dunha aventura amorosa entre eles.[7][8]
En 1936, trasladouse a Hollywood e traballou regularmente en filmes de Paramount Pictures. O papel que fixo dela unha estrela foi Ulah (unha especie de Tarzán feminina) en The Jungle Princess (1936). Mentres se lle adxudicaba fama como símbolo sexual, Lamour tamén demostrou talento como actriz cómica e dramática e estivo entre as actrices máis populares do cine entre 1936 e 1952.
Traballou na serie de películas "Road to..." con Bing Crosby e Bob Hope nos anos 40 e 50. Os filmes foron grandes éxitos durante a década de 1940, e cada ano situábanse entre as máis comerciais. Aínda que os filmes se centraba máis en Hope e Crosby, ela cantaba algunhas das súas cancións máis coñecidas e a súa contribución aos filmes foi considerada, tanto polo público como polos donos dos teatros, de tanta importancia como a de Crosby e Hope. A serie finalizou con Camiño de Bali (1952) cando a súa carreira comezou o seu declive mentres que Crosby e Hope continuaron a ser importantes figuras do negocio.
Durante os anos da segunda guerra mundial, foi unha das pin-ups máis populares entre os soldados, con Betty Grable, Rita Hayworth, Lana Turner e Veronica Lake. Lamour foi en gran medida responsable de pór en marcha as xiras de bonos de guerra, nas que algunhas estrelas de cine viaxaban por todo o país vendendo bonos do goberno ao público.[1] Só Lamour promoveu a venda duns 21 millóns de dólares en bonos de guerra.
Nos primeiros anos 50 a súa carreira foise apagando, e comezou unha nova carreira como animadora de clubs nocturnos e ocasionalmente actriz de teatro. Nos anos 60 volveu á pantalla, con papeis secundarios en tres filmes e ao teatro, coa xira de Hello Dolly! que durou un ano preto do final da década.[9]
O bo humor de Lamour e a súa falta de pretensións permitíronlle ter unha carreira moi longa no mundo do espectáculo. Foi unha atracción no circuíto de dinner theatre dos 70.[10] Nos 60 e 70, viviu co seu marido Leamos Ross Howard III (co que casara en 1943), en Baltimore, Maryland.[11] El morreu en 1978. Lamour publicou a súa autobiografía My Side of the Road en 1980, volveu actuar en clubs nocturnos,[12] e actuou en obras e series de televisión tales como Hart to Hart, Crazy Like a Fox e Escribiuse un crime.
Durante os anos 1990, só traballou en contadas ocasións mais fixéronlle varias entrevistas en revistas e programas televisivos. En 1995, o musical Swinging on a Star, unha revisión de cancións escritas por Johnny Burke estreouse en Broadway e mantívose tres meses en cartel. Lamour aparecía nos créditos como “asesora especial”. Burke fora o autor de moitas das máis famosas cancións da serie de películas "Road to...". O musical foi candidato aos premios Tony como mellor musical e a actriz no papel de Dorothy Lamour, Kathy Fitzgerald, tamén foi nomeada.
Lamour morreu na súa casa en North Hollywood, California aos 81 anos. Foi enterrada no cemiterio Forest Lawn, Hollywood Hills nos Ánxeles, California.[13]
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1936 | College Holiday | Bailarina | Sen acreditar |
1936 | The Jungle Princess | Ulah | |
1937 | Swing High, Swing Low | Anita Álvarez | |
1937 | The Last Train from Madrid | Carmelita Castillo | |
1937 | High, Wide, and Handsome | Molly Fuller | |
1937 | The Hurricane | Marama | |
1937 | Thrill of a Lifetime | Specialty | |
1938 | The Big Broadcast of 1938 | Dorothy Wyndham | |
1938 | Her Jungle Love | Tura | |
1938 | Tropic Holiday | Manuela | |
1938 | Spawn of the North | Nicky Duval | |
1939 | St. Louis Blues | Norma Malone | |
1939 | Man About Town | Diana Wilson | |
1939 | Disputed Passage | Audrey Hilton | |
1940 | Road to Singapore | Mima | |
1940 | Johnny Apollo | Lucky Dubarry | |
1940 | Typhoon | Dea | |
1940 | Moon Over Burma | Arla Dean | |
1940 | Chad Hanna | Albany Yates / Lady Lillian | |
1941 | Road to Zanzibar | Donna Latour | |
1941 | Caught in the Draft | Antoinette "Tony" Fairbanks | |
1941 | Aloma of the South Seas | Aloma | |
1942 | The Fleet's In | The Countess | |
1942 | Star Spangled Rhythm | Ela mesma | |
1942 | Beyond the Blue Horizon | Tama | |
1942 | Road to Morocco | Princess Shalmar | |
1943 | They Got Me Covered | Christina Hill | |
1943 | Dixie | Millie Cook | |
1943 | Riding High | Ann Castle | |
1944 | And the Angels Sing | Nancy Angel | |
1944 | Rainbow Island | Lona | |
1945 | A Medal for Benny | Lolita Sierra | |
1945 | Duffy's Tavern | Ela mesma | |
1945 | Road to Utopia | Sal Van Hoyden | |
1945 | Masquerade in Mexico | Angel O'Reilly | |
1947 | My Favorite Brunette | Carlotta Montay | Título alternativo: The Private Eye |
1947 | Variety Girl | Herself | |
1947 | Wild Harvest | Fay Rankin | |
1947 | Road to Rio | Lucia Maria de Andrade | |
1948 | On Our Merry Way | Gloria Manners | Título alternativo: A Miracle Can Happen |
1948 | Lulu Belle | Lulu Belle | |
1949 | The Girl from Manhattan | Carol Maynard | |
1949 | The Lucky Stiff | Anna Marie St. Claire | |
1949 | Slightly French | Mary O'Leary | |
1949 | Manhandled | Merl Kramer | |
1951 | Here Comes the Groom | Ela mesma | Sen acreditar |
1952 | O maior espectáculo do mundo | Phyllis | |
1952 | Camiño de Bali | Princess Lala | |
1962 | The Road to Hong Kong | Ela mesma | |
1963 | A taberna do irlandés | Miss Laflour | |
1964 | Pajama Party | Head Saleslady | |
1970 | The Phynx | Ela mesma | |
1976 | Won Ton Ton, the Dog Who Saved Hollywood | Visiting Film Star | |
1987 | Creepshow 2 | Martha Spruce | Episodio "Old Chief Wood'nhead" |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.