política e alta funcionaria estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Donna (Kolnik) Pope,[1] nada en Cleveland, Ohio, o 15 de outubro de 1931, é unha política e alta funcionaria estadounidense, que ocupou o posto de directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1981 e 1991, baixo a presidencia de Ronald Reagan.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1931 Cleveland. Ohio. |
Morte | 23 de xuño de 2023 (91 anos) |
Ohio state representative (en) | |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Actividade | |
Lugar de traballo | Columbus |
Ocupación | Política e alta funcionaria. |
Partido político | Partido Republicano |
Directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1981-1991) |
Donna Pope naceu en Cleveland, Ohio, o 15 de outubro de 1931,[1][2] filla de Marie Josephine Thiel e de John Emil Kolnik.[3]
A partir de 1972 foi membro da Cámara de Representantes de Ohio, polo Partido Republicano, e en 1978 foi elixida voceira da minoría. Nesta cámara mantívose durante seis períodos lexislativos[1] e formou parte das comisións xudicial, de normas, de ética e de servizos lexislativos.[2]
En 1979 e 1980 foi copresidenta da campaña electoral de Ronald Reagan en Ohio e tamén copresidiu a delegación deste Estado na Convención Nacional Republicana de 1980.[2]
En xullo de 1981 foi designada polo presidente Reagan para ser a cuarta muller consecutiva —e a quinta ata o momento— en ocupar a dirección da Casa da Moeda dos Estados Unidos, e en 1986 confirmouna no posto para un novo mandato, que concluíu en 1991.[4]
Durante o seu período na ceca pública emprendeu unha fonda renovación do programa de emisións conmemorativas. Entre os feitos máis destacables deste período están a cuñaxe das primeiras moedas conmemorativas desde 1954 —e en ouro, as primeiras desde 1933—[5] e o inicio do exitoso programa American Eagle; dirixiu os programas de moedas dun dólar conmemorativo e no seu derradeiro ano como directora lanzouse o dólar de prata conmemorativo da guerra de Corea.[4] Tamén foi a directora de márketing no seu país para o programa de moedas do centenario do Comité Olímpico Internacional.[1][6]
Outra das súas achegas foi a creación da Oficina do Historiador da Casa da Moeda dos Estados Unidos, para investigar sobre a historia desta institución.[4]
Entre os recoñecementos máis salientables pola súa carreira están a inclusión entre as lexisladoras máis influentes do país polo Instituto de Política da Universidade Rutgers e polo Instituto da Política da Muller do Mount Vernon Seminary and College, de Washington.[2]
No ámbito numismático, en 1991 Pope foi merecedora do Premio ao Servizo Público Destacado, da American Numismatic Society.[1][7]
Donna Pope casou o 21 de outubro de 1951 con Raymond Pope, con quen tivo dúas fillas.[1][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.