director da Casa da Moeda dos EEUU From Wikipedia, the free encyclopedia
David J. Ryder, nado o 14 de outubro de 1955 en Billings, Montana, foi o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos desde 2018 ata 2021. Con anterioridade, xa ocupara este posto entre os anos 1992 e 1993.
David J. Ryder Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (2018-2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1955 (68 anos) Billings. Montana. Estados Unidos |
40º Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos | |
12 de abril de 2018 – 1 de outubro de 2021 – Ventris Gibson → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense. |
Educación | Universidade Estatal de Boise, Idaho. |
Actividade | |
Ocupación | Alto funcionario dos EEUU. |
Empregador | Honeywell (pt) Office of the Vice President of the United States (en) Departamento de Comércio dos Estados Unidos (pt) |
David J. Ryder naceu en Billings, Montana, en 1955, e criouse na vila de Boise, no Estado de Idaho, en cuxa universidade estatal cursou os seus estudos universitarios.[1][2]
Traballou para o Departamento de Comercio dos Estados Unidos ocupándose do pavillón estadounidense na exposición mundial celebrada en Nova Orleáns, Luisiana, en 1984, inicialmente como comisario xeral adxunto (1983-1984) e finalmente como comisario xeral (1984-1985). De 1985 a 1986 ocupou o posto de director de avance no gabinete do daquela vicepresidente dos EEUU George H. W. Bush. Os dous anos seguintes exerceu como director operativo da compañía TCOM Systems, Inc.[1][2]
En 1988 foi o director de operacións da convención nacional do Partido Republicano e, logo da vitoria de George H. W. Bush nas eleccións presidenciais estadounidenses dese mesmo ano, Ryder foi nomeado director de xestión e de operacións do equipo de transición de Bush. Entre 1989 e 1990 exerceu como xefe adxunto do gabinete do vicepresidente Dan Quayle. Entre 1990 e 1991 desempeñou o cargo de tesoureiro adxunto dos EEUU.[1][2]
En 1991, o presidente Bush a nomeou a Ryder director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, e ocupou este posto desde setembro de 1992 ata novembro de 1993.[1][2]
En 1994, Ryder uniuse á empresa Secure Products, unha compañía subsidiaria de Sarnoff Corporation posta en marcha ese mesmo ano. En 2007, Honeywell Corporation adquiriu Secure Products, onde Ryder ocupaba o posto de xerente de desenvolvemento comercial global, e ademais foi nomeado director xerente de moeda en Honeywell Authentication Technologies. Tanto Secure Products como Honeywell desenvolveron e comercializaron sistemas avanzados contra a falsificación de moeda, pasaportes, cheques bancarios e outros produtos.[2]
En 2017, Ryder foi nomeado novamente como director da US Mint polo daquela presidente Donald Trump, e foi confirmado por votación no Senado o 21 de marzo de 2018.[3][4][5] Durante este segundo mandato deuse unha controversia entre a casa da moeda e o sector do coleccionismo numismático por mor da creación e a comercialización de moedas deliberadamente raras e con tiraxes moi reducidas, ao alcance de moi poucas persoas e esgotadas rapidamente logo da súa posta á venda. Esta situación xerou unha forte reacción dos clientes e dos coleccionistas contra a institución.[6][7][8]
O 24 de setembro de 2021 anunciou a súa dimisión do posto de director da US Mint para o 1 de outubro dese mesmo ano.[9][10] Foi sucedido no posto por Ventris C. Gibson.[11][12]
En 2021, David J. Ryder foi considerado pola revista numismática estadounidense Coin World como unha das persoas máis influentes na numismática no período 1960-2020.[13][14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.