Domingo Camino Sigüer, nado en Santiago de Compostela en 1827 e finado na Coruña o 30 de setembro de 1879[1][2], foi un xornalista e poeta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1827 Santiago de Compostela, España |
Morte | 22 de setembro de 1879 (51/52 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | poeta, xornalista |
Xénero artístico | Poesía |
Familia | |
Irmáns | Alberto Camino Antonio Camino |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Camino (Domingo), p.65) |
Irmán máis novo de Antonio e Alberto Camino. Bacharel en xurisprudencia non chegou a rematar a carreira de Dereito. Foi axudante do presidio correccional da Coruña e despois arquiveiro-bibliotecario na Deputación da Coruña. Membro do movemento cultural compostelán e, en especial, do Liceo de la Juventud, colaborou na prensa galega e dirixiu a publicación La Ilustración de La Coruña. A primeira composición en galego que se lle coñece é “Virxe garrida”, recollida nas Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los inocentes en el Hospicio de Santiago (1849). Escribiu tamén “O rogo do namorado” (1858), “A la caridad” (1861), “Os lamentos!” (1861), “Amor sin esperanza” (1864) e a muiñeira “A constansia” (1868).
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.