Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Adolph "Dolph" Schayes, nado o 19 de maio de 1928 no Bronx, Nova York, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu a súa carreira na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no cuarto posto da primeira rolda do Draft da NBA polos New York Knicks en 1948. Porén, non chegou debutar nunca co equipo neoiorquino, formando parte toda a súa carreira como xogador dos Philadelphia 76ers (que até 1963 se denominaran Syracuse Nationals). Co seu equipo conseguiu a destacábel marca de xogar os Play-offs en 15 das 16 temporadas das que estivo en activo.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de maio de 1928 Bronx, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 10 de decembro de 2015 (87 anos) Syracuse, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | cancro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Woodlawn Cemetery (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Nova York | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Xudaísmo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | DeWitt Clinton High School (en) Universidade de Nova York | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 88 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1948 - 1964 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | New York Knicks | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Danny Schayes | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O maior logro baloncestístico de Schayes foi a consecución do anel de campión da NBA en 1955. A nivel indidual, como xogador foi doce veces All-Star e cinco veces incluído no quinteto ideal da competicón. Logo de retirarse como xogador, consegue como técnico o premio ao Adestrador do Ano. En 1972 sería recoñecida a súa traxectoria ao ser incluído no Basketball Hall of Fame. Tamén sería recoñecido en 1996 como un dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA".
Dolph Schayes realizou os seus estudos na Universidade de Nova York entre 1944 e 1948. Nese tempo conseguiu unha media de 10,2 puntos por partido (non se conservan máis estatísticas da época). Co se equipo consegue chegar ás finais da NCAA en 1947. O seu adestrador da NYU, Howard Cann, dixo del: "Estaba no ximnasio adestrando en cada momento libre. Tiñamos que botalo".
Xa en 1948 preséntase ao tanto ao draft da BAA (Basketball Association of America, posteriormente NBA), onde é elixido na cuarta posición da primeira rolda polos New York Knicks, como ao da NBL onde o escollen os Tri-Cities Blackhawks, cuxos dereitos venden aos Syracuse Nationals (actuais Philadelphia 76ers). Tras meditar a decisión, elixe aos de Syracuse. Na súa primeira temporada foi elixido "Rookie do Ano" da NBL, facendo unha media de 12,9 puntos por partido. Na seguinte tempada os "Nats" emigraron á NBA, onde, no seu primeiro ano, e xa contabilizándose os rebotes nas estatísticas, logrou unhas cifras de 17 puntos e 16,4 rebotes por partido.
Levou ao seu equipo aos Play-offs nas 15 tempadas que disputou con eles, gañando o anel de campión en 1955 contra os Fort Wayne Pistons, despois de perder senllas finais contra os imbatíbeis Minneapolis Lakers de George Mikan. Terminou a súa carreira aos 35 anos, xusto despois da tempada de estrea do equipo en Filadelfia.
Como adestrador dirixiu aos Sixers entre 1963 e 1966 e aos Buffalo Braves en 1970. Foi recoñecido co premio ao Adestrador do Ano da NBA en 1966.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.