From Wikipedia, the free encyclopedia
A distribución de Poisson é unha distribución de probabilidade discreta que expresa, a partir dunha frecuencia de ocorrencia media, a probabilidade de que ocorra un determinado número de sucesos durante certo período de tempo. Concretamente, especialízase na probabilidade de que ocorran sucesos con probabilidades moi pequenas ou sucesos "raros".
Función de masa de probabilidade | |
Función de distribución | |
Parámetros | |
Soporte | |
Función de densidade | |
Función de distribución | (onde é a función gamma incompleta) |
Media | |
Mediana | [1] |
Moda | |
Varianza | |
Asimetría | |
Curtose | |
Entropía | |
F. xeradora de momentos | |
Func. caract. |
Foi descuberta por Siméon-Denis Poisson, que a presentou en 1838 no seu traballo Recherches sur la probabilité des jugements en matières criminelles et matière civile (Investigación sobre a probabilidade dos xuízos en materias criminais e civís).
A función de masa ou probabilidade de Poisson é
onde
Tanto o valor esperado como a varianza dunha variable aletoria con distribución de Poisson son iguais a λ. Os momentos de orde superior son polinomios de Touchard en λ con coeficientes que teñen unha interpretación combinatoria. De feito, cando o valor esperado da distribución de Poisson é 1, entón segundo a fórmula de Dobinski, o n-ésimo momento é igual ao número de particións de tamaño n.
A moda dunha variable aleatoria de distribución de Poisson con λ non enteiro é igual a , o maior dos enteiros menores que λ (os símbolos representan a función parte enteira). Cando λ é un enteiro positivo, as modas son λ e λ − 1.
A función xeradora de momentos da distribución de Poisson con valor esperado λ é
As variables aleatorias de Poisson teñen a propiedade de ser infinitamente divisibles.
A diverxencia de Kullback-Leibler dende unha variable aleatoria de Poisson de parámetro λ0 a outra de parámetro λ é
Un criterio fácil e rápido para calcular un intervalo de confianza aproximado de λ foi proposto por Guerriero en 2012.[2] Dada unha serie de sucesos k (polo menos 15 ou 20) nun período de tempo T, os límites do intervalo de confianza para a frecuencia veñen dados por:
entón os límites do parámetro están dados por:.
A suma de variables aleatorias de Poisson independentes é outra variable aleatoria de Poisson que ten como parámetro a suma dos parámetros das orixinais: se
son N variables aleatorias de Poisson independentes, entón
A distribución de Poisson é o caso límite da distribución binomial. De feito, se os parámetros n e dunha distribución binomial tenden a infinito (no caso de 'n') e a cero (no caso de ) de xeito que se manteña constante, a distribución límite obtida é de Poisson.
Como consecuencia do teorema central do límite, para valores grandes de , unha variable aleatoria de Poisson X pode aproximarse por outra normal dado que o cociente
converxe a unha distribución normal de media nula e varianza 1.
Se para cada valor t > 0, que representa o tempo, o número de sucesos de certo fenómeno aleatorio segue unha distribución de Poisson de parámetro λt, entón os tempos transcorridos entre dous sucesos sucesivos segue a distribución exponencial.
Se o 2% dos libros encadernados en certo taller ten encadernación defectuosa, para obter a probabilidade de que 5 de 400 libros encadernados neste taller teñan encadernacións defectuosas emprégase a distribución de Poisson. Neste caso concreto, k é 5 e, λ, o valor esperado de libros defectuosos é o 2% de 400, é dicir, 8. Polo tanto, a probabilidade buscada é
A distribución de Poisson aplícase a diversos fenómenos discretos da natureza (aqueles fenómenos que ocorren 0, 1, 2, 3... veces durante un período definido de tempo ou nunha área determinada) cando a probabilidade de que ocorra o fenómeno é constante no tempo ou no espazo. Exemplos destes sucesos que poden ser analizados pola distribución de Poisson inclúen:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.