From Wikipedia, the free encyclopedia
Os diplomonádidos (Diplomonadida) ou diplomónadas son unha orde de protistas flaxelados da clase eofarínxeos, a maioría parasitos. É un dos grupos basais de protistas, que se clasifica dentro dos Metamonadida pertencentes aos Excavata, e considérase próximo á orde Retortamonadida. Entre eles está Giardia intestinalis (sinónimo Giardia lamblia), que causa a xiardíase enfermidade parasitaria que afecta aos humanos. Outro membro importante do grupo é Enteromonas hominis, que parasita o tracto dixestivo de humanos e outros mamíferos. Outros son de vida libre.
Diplomonádidos | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Giardia intestinalis (sin. G. lamblia) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
Trepomonadea |
Xéneros de Diplomonadida son: Enteromonas, Trimitus, Giardia, Octomitus, Hexamita, Spironucleus e Trepomonas.
A maioría dos diplomonádidos teñen os compoñentes celulares duplicados, con dous núcleos e catro flagelos asociados, dispostos simetricamente con respecto ao eixe central do corpo celular. Igual cós retortamonádidos, carecen de mitocondrias e de aparato de Golgi. Porén, sábese que posúen vestixios de mitocondrias, que se denominan mitosomas, que non se utilizan na síntese de ATP como as mitocondrias, pero participan na maduración das proteínas ferro-sulfuradas. Son organismos fermentadores de azucres e aminoácidos.[1] Carecen de lisosomas e peroxisomas e teñen un citoesqueleto de microtúbulos.
Nalgúns diplomonádidos varía o significado de dous codóns do código xenético con respecto ao estándar [2].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.