O digoriano, дигоронау (digoronau) para os nativos, (falado ao oeste de Iristán do Norte ("Osetia"), no distrito de Дигорæ (Digoria, en ruso Digorá), é unha variante lingüística da lingua oseta, é ás veces considerada lingua autónoma e de seu. A outra variante principal é o iron (chamado polos nativos "irón" ou "ironau") que é ademais a variente máis amplamente falada e a lingua literaria, e que é como se lle coñece á lingua "oseta" moderna.

Datos rápidos Digoriano дигоронау, digoronau', Status oficial ...
Digoriano
дигоронау, digoronau'
Pronuncia:/digoro'naw/
Falado en: Rusia
Rexións: Cáucaso
Total de falantes: Uns 15.500
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Irania
   Oriental
    Oriental setentrional
     Escita
      Escito-sármata
       Alano
        Digoriano
Escrita: Alfabeto cirílico iriano
Status oficial
Lingua oficial de: Cooficial [1].
Regulado por: Ningún
Códigos de lingua
ISO 639-1: -
ISO 639-2: -
ISO 639-3: -
SIL: -
Mapa
Thumb
Distrito de Digoria no mapa de Iristán Norte-Alania
Status
Pechar

É por tanto xunto co iriano e o xásico un descendente directo da lingua escita falada polo pobo escita, rama occidental ou escito-sármata.

O digoriano ten tamén tradición literaria de seu pero pouca, aínda que está a crecer máis nestas últimas décadas. Os nenos apréndeno na escola, e os medios de comunicación úsana hoxe en día.[2]

As diferenzas entre ámbalas dúas variantes son moitas, tanto a nivel fonético, coma morfolóxico, sintáctico e semántico. Algúns iranistas rusos considérana lingua de seu:

  • Fedar Takazov, no recente Diccionario digoriano-ruso, fala sempre de lingua digoriana, mentres o seu editor refírese a ela coma dialecto digoriano.
  • O propio М. I. Isaev no seu traballo sobre o digoriano Дигорский диалект осетинского языка (Digorskij dialekt osetinskogo jazika = O dialecto digoriano da lingua oseta), tamén ás veces fala de lingua e ás veces de dialecto.

O nome

O adxectivo digoriano fai referencia ao relacionado cos habitantes de Digoria (en digorés Дигорæ e iriano Дигор, en ruso díse Digorá (Дигорa)), distrito de Iristán Norte-Alania (nome autóctono), coñecido como Osetia do Norte-Alania. Os digorianos chaman á súa lingua Дигоронау (digoronau) ou Дигорон æвэаг (digoron ævzag, que quere dicir lingua digoresa) e así mesmo digoron ou дигорæттæ (digorættæ, que quere dicir pobo digoriano. A terminación -on fai relación a pertenza dun pobo e -au á lingua que fala un pobo.

Pode que atopemos escrito digor, pero esta palabra non é a correcta. En inglés aparece tanto coma digorian (correcto, xa que fai mención a que é relativo ao pobo de Digoria) coma digor (incorrecto, é un calco do ruso pero que está moi estendido) e desta última palabra, por culpa dos medios de comunicación, pasa á moitísimas linguas. Facer calcos do inglés ou incluso do francés pódese acabar facendo verdadeiros e curiosos erros fonéticos[3]

Diferenzas entre o digoriano e o iriano ou literario

  • No sitema vocálico, exemplos:
  1. irano [ɨ] digoriano [i] : фыд / фидæ - pai
  2. irano [i] digoriano [e] : хид / хед - ponte
  3. irano [u] digoriano [o] : æрду / æрдо - cavelo, pelo
  4. irano [Co] digoriano [Cʷæ] : хо / хуæрæ - irmá
  5. irano -Ø digoriano -æ : æхсæв / æхсæвæ - noite
  6. irano [ʤ] digoriano [ɡ] : джитын / игетун - dubidar, vacilar
  • Na morfoloxía:
Uso do artigo determinado fronte a carencia deste no iriano (aínda que este ten certas peculiaridades fonéticas, que indican que antigamente puido terse usado).
Non fai uso do caso gramatical comitativo.
  • No léxico:
O digoriano e moito máis arcaizante, conserva unha sílaba máis có iriano.

O alfabeto

Usa o mesmo alfabeto cá súa lingua irmá, o iriano.

Máis información Oseto cirílico, IPA ...
Oseto cirílico IPA Exemplo en oseto Transliteración

(Academia das Ciencias)

Alfabeto latino

(1923-1937)

Similitude co Galego
А а[a]арв, кадA a (arv, kad)A a (arv, kad)arte
Æ æ[æ]æмбал, сæрÆ æ (æmbal, sær)Æ æ (æmbal, sær)inglés bag
Б б[b]балц, сабиB b (balc, sabi)B b (balc, sabi)balón
В в[v]вæййы, тæвдV v (væjy, tævd)V v (væjjy, tævd)port."viver"
Г г[g]гал, нæмыгG g (gal, næmyg)G g (gal, næmyg)gol
Гъ гъ[gʔ]æгъдау, сагъæсGh gh (æghdau, saghæs)H h (æhdau, sahæs)non existe
Д д[d]дис, фæдD d (dis, fæd)D d (dis, fæd)dado
Дж дж[dʒ]фыдджынDx dx (fyddxyn)Dž dž (fyddžyn)inglés "John"
Дз дз[dz]дзул, кудзDz dz (dzul, kuydz)Dz dz (dzul, kuydz)non existe
Е е[e]бел, денджызE e (bel, dendxyz)E e (bel, dendžyz)cera
Ё ё[jo:]слёт, ёлкæE e (sljot, jolkæ)non habíaiónico
Ж ж[ʒ]жакет, жанрJx jx (jxaket, jxanr)---non existe, port. gear, inglés pleasure
З з[z]зын, фæзZ z (zyn, fæz)Z z (zyn, fæz)port. "mesa,casa", inglés "zoo"
И и[i]Ирон, бирæI i (Iron, biræ)I i (Iron, biræ)Iria, Iristán
Й й[j]миййаг, йæхиJ j (mijjag, jæhi,)J j (mijjag, jæxi)pai
К к[k]ком, бæркадK k (kom, bærkad)K k (kom, bærkad)cousa
Къ къ[kʔ]къах, фæткъуыKh kh (khah, fætkhuy)Kh kh (khax, fætkhuy)non existe
Л л[l]лæг, балL l (læg, bal)L l (læg, bal)val, león
М м[m]мад, сымахM m (mad, symah)M m (mad, symah)mes, mar
Н н[n]ном, æнусN n (nom, ænus)N n (nom, ænus)nove, nome
О о[o]хох, донO o (hoh, don)O o (xox, don)dono
П п[p]пыл, æппæлгæP p (pyl, æppælgæ)P p (pyl, æppælgæ)pai
Пъ пъ[pʔ]пъа, пъырыпъыфPh ph (pha, phyryphyf)---non existe
Р р[r]рон, сæкæрR r (ron, sækær)R r (ron, sækær)ron, rá, por
С с[s]сом, бæласS s (som, bælas)S s (som, bælas)son, soar
Т т[t]тæвд, стурT t (tævd, stur)T t (tævd, stur)tenda
Тъ тъ[tʔ]тъæпæнTh th (thæpæn)Th th (thæpæn)non existe
У у[u]устур, туркагU u (ustur, turkag)U u (ustur, turkag)puro, kurdo
Ф ф[f](фæд, цæф)F f (fæd, cæf)F f (fæd, cæf)favor, café
Х х[h]худ, бæхX x (hud, bæh)H h (xud, bæx)ghato (con gheada)
Хъ хъ[q](хъæу, арахъхъ)Q q (qæu, araqq)Q q (qæu, araqq)non existe
Ц ц[ts]цонг, балцC c (cong, balc)C c (cong, balc)tsar
Цъ цъtsʔцъаммар, цъиуCh ch (chammar, chiu)Ch ch (chammar, chiu)non existe
Ч ч[t∫]чиныг, айчы цъарČ č (Činyg, Ajčy char)chairaCx cx (cxinyg, ajcxy char)
Чъ чъ[t∫ʔ]чъиуCxh cxh (cxhiu)---non existe
Ш ш[∫]штатSx sx (sxtat)---novo, traxe
Щ щ[ʃtʃ]ЩедринSxcx sxcx (Sxcxedrin)---exchí (щи – sopa de repolo
Ъ«`»съезд(s`ezd)------
Ы ыɨсыл, фырт, пысылмонY y (syl, fyrt, pysylmon)Y y (syl, fyrt, pysylmon)---
Ь«'»июль, январь(ijul', janvar')------
Э э[e],[ә]экваторE e (ekvator)---Edward
Ю ю[ju:]июль, АтатюркJu ju (ijul', Atatjurk)Ju ju (ijul, Atatjurk)Iugoslavia
Я я[ja]январь, ТаняJa ja (janvar', Tanja)Ja ja (janvar, Tanja)iate, Tania
Pechar

Fonética

Sistema vocálico

[æ] [e] [i] [a] [o] [u]

Máis información Anterior, Central ...
Anterior Central Posterior
Pechada i /i/ u /u/
Media e /e/ o /o/
Aberta æ /æ/ a /a/
Pechar

Sistema consonántico do digorés

oclusiva xordaglotalizadasonoranasalfricativaaspirantelateralvibrante
labiaispbmv
dentaistdnsflr
palataisʦʦʔʣ
velarkg
uvularq
semi-vogaiswj

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.