equipo galego de fútbol From Wikipedia, the free encyclopedia
O Deportivo da Coruña feminino, que ten por nome oficial Real Club Deportivo ABANCA[1][2][3] por razóns de patrocinio[4], é a sección de fútbol feminino do Deportivo da Coruña[5], club de fútbol galego da cidade homónima. Compite na Primeira División, máxima categoría nacional, e o seu terreo de xogo é a Cidade Deportiva de Abegondo.
Deportivo da Coruña feminino | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Dépor, Branquiazuis, Herculinas, As Nosas | |||
Fundación | 2016 (8 anos) | |||
Estadio | Cidade Deportiva de Abegondo, Abegondo, Galicia | |||
Capacidade | 1.000 | |||
Presidente | Álvaro García Diéguez | |||
Adestrador | Irene Ferreras | |||
Liga | Primeira Federación | |||
2022–23 | 3.º de 16 | |||
Na rede | ||||
http://www.rcdeportivo.es/gl/asnosas | ||||
| ||||
A primeira sección de fútbol feminino do Deportivo apareceu no inverno de 1983/1984, cando o Deportivo se fixo cargo do Karbo C.F. e pasou a chamarse Karbo Deportivo,[6][7] desaparecendo en 1988 por problemas económicos.[8]
A sección feminina foi recuperada en 2016,[9][10][11][12] vindo precedida dunha campaña de sinaturas en prol da súa recuperación.[13]
A primeira sección de fútbol feminino do Deportivo apareceu no inverno de 1983/1984, cando o Deportivo se fixo cargo do exitoso Karbo C.F. e pasou a chamarse Karbo Deportivo. Despois de conversas entre o entón presidente do Deportivo da Coruña, Jesús Corzo Sierra, e os propietarios do colexio Karbo, Ramón Carrasco e Mary Carmen Borrego, chegouse a un acordo polo cal o Deportivo se faría cargo do Karbo.[6][7] A partir de entón o equipo comezaría a empregar a camisola branquiazul co escudo do Deportivo,[14][15] e disputaría os encontros como local alternativamente entre o campo de Elviña, o de Vilaboa e o estadio de Riazor —no que chegou a rexistrar entradas de 4.000 espectadores—.[14] A entrada ós partidos que xogaba o Karbo Deportivo como local tamén era gratuíta para os socios do R.C. Deportivo.[16]
Antes da unión co Deportivo, o Karbo xa gañara a primeira Copa da Raíña oficial organizada pola Real Federación Española de Fútbol en 1983,[17][18] e máis a Copa Raíña Sofía de 1981, precedente oficioso do devandito campionato, no que venceu na final contra o Risco (2-1), con remontada e dous goles de Lis Franco[19][20][21] Trala absorción obtería dous títulos máis en 1984 e 1985.[14]
Durante os anos 1980 o equipo coruñés foi un referente en toda España. En Galicia o único capaz de facerlles fronte era o Celta Mayador.[22] Os seus encontros tiñan lugar na Copa Galicia e na Liga Galega. O equipo coruñés fíxose coas cinco ligas galegas celebradas entre 1983 e 1988, así coma unha Copa galega,[23] mentres que o Celta se levou a copa galega en 1984.[24][25] A nivel internacional disputaron múltiples torneos, destacando en dúas ocasións o Torneo das Sete Nacións, logrando o subcampionato en 1980 fronte ó Borussia Mönchengladbach[26] cun resultado de 2-1[27] o cal se disputou en Olivet, Orleáns (Francia).
Naquela época, o Estadio de Riazor rexistrou entradas de milleiros de espectadores[14] Acadaron gran repercusión dos medios en España[28] por vencer a un equipo masculino, o Laracha F.C. cun resultado de 4 a 2.[29] A sección disolveuse no ano 1988, un ano antes de que se crease a Liga Nacional Feminina, debido ós problemas económicos que atravesaba o R.C. Deportivo, sumido nunha débeda asfixiante e co equipo masculino ó bordo do descenso a Segunda División B, así coma un incremento dos gastos pola crecente profesionalización do fútbol feminino. Moitas xogadoras tiveron que retirarse, outras ficharon por equipos cataláns ou asturianos, e algunhas derivaron ó fútbol sala.
Posteriormente á desaparición da sección feminina o R.C. Deportivo mantivo dúas xogadoras no seu cadro, Inma Castañón e Ángeles Olmo, co propósito de que puidesen prepararse para os seus partidos coa selección española[30].
En 2013, co motivo da celebración do I Trofeo Teresa Herrera Feminino, fíxose unha homenaxe á desaparecida sección feminina, ás súas xogadoras, adestradores etc.[31]. En decembro dese mesmo ano, Tino Fernández incluíu a recuperación do equipo entre as intencións da súa candidatura á presidencia do club.
En 2015 emprendeuse a recollida de ata 10 000 sinaturas solicitando ó Deportivo da Coruña a recuperación[13] do equipo feminino, entre as sinaturas, destacaba a da futbolista compostelá Vero Boquete. Tamén se lanzou un documental titulado Karbo, escola de fútbol dirixido por Óscar Losada. Ese ano o Deportivo anunciou[32] que recuperaría a sección feminina. Aconteceu finalmente en 2016 logo dun acordo co Orzán SD polo cal a súa estrutura de fútbol feminino a nivel sénior foi transferida ao Deportivo[9][10][11][12]
O equipo deu os seus primeiros pasos no verán de 2016 empregando a denominación xenérica do club, Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D.,[33] aínda que sendo coñecido popularmente como Deportivo feminino. Contaría cun cadro composto por xogadoras dos principais equipos coruñeses e algunhas das mellores promesas do fútbol galego (Teresa Abelleira, Nuria Rábano ou Raquel Béjar).[34] A través da profesionalización, a idea era crear un bloque novo co que ir medrando ata acadar o grande obxectivo da entidade, o ascenso a Liga Iberdrola.
O debut tivo lugar o 30 de xullo na Cidade Deportiva de Abegondo nun amigable contra o Portonovo S.D. (4-0).[35]
Durante a pretempada, o Dépor disputou a Copa Deputación da Coruña, torneo que reúne os mellores equipos clasificados da provincia a tempada anterior. Acadou o título logo de gañar todos os partidos con solvencia, incluída a final ante o S.D. O Val (7-0),[36] deixando entrever o potencial do novo proxecto. Ese mesmo verán o equipo xogou o seu primeiro partido en Riazor para disputar a IV edición do trofeo Teresa Herrera; torneo que sumaron ao seu palmarés ao derrotaren nos penaltis ao Villarreal.[37]
O primeiro partido oficial do club foi ante o Oviedo Moderno (actual Real Oviedo) no Estadio Ponte dos Brozos de Arteixo o 4 de setembro de 2016 (0-0).[38]
A tempada regular foi dominada polas favoritas a priori, o Real Oviedo. As branquiazuis aguantan o tirón e a metade de ano reforzáronse coas primeiras xogadoras internacionais (as venezolanas Gabriela García "Gaby" e Lourdes Moreno "Kika"[39]) pero as ovetenses non cederon e leváronse finalmente o campionato.[40] As herculinas acadaron na súa primeira tempada un meritorio segundo posto, superando a clubs con máis experiencia e bagaxe na competición.
Esta tempada o equipo pasou a chamarse Deportivo ABANCA tras un acordo[41][4] coa entidade bancaria de 4 anos de duración. A segunda tempada arrincou cos mesmos obxectivos. O club reforzouse con xogadoras con nome na categoría e que incluso xogaran na Primeira división (Iris Arnaiz[42] ou Ainize Barea "Peke"[43]) para dotar o cadro de xogadoras de experiencia e afrontar con garantías os encontros máis intensos do ano, pasando a contar con 5 xogadoras profesionais[44]. Ademais de sumar á causa algunhas das xogadoras galegas máis prometedoras (Laura Vázquez[45] ou Patricia Díaz[46]).
En pretempada, o Dépor volveu gañar a Copa Deputación ante o Victoria C.F. (3-0).[47]
A competición ligueira igualouse e foi un cara a cara entre o Dépor e o Real Oviedo desde a primeira xornada. Ambos os equipos contaron os seus partidos por vitorias e ningún mostrou síntomas de debilidade. Foi tal a igualdade que a liga se decidiu a falta de catro xornadas, nun dramático encontro entre ambas as entidades no que as coruñesas, con todo a favor, sucumbiron na casa ante as asturianas (0-2),[48] perdendo así todas as opcións de loitar polo ascenso a Primeira división.
A pesar da decepción, o equipo rematou a tempada no alto facéndose coa Copa Galicia fronte ás viguesas do Atlántida Matamá (4-0).[49]
O terceiro ano afrontouse coa experiencia dos triunfos e as derrotas. O club deu un paso máis e fichou xogadoras do talle de Alba Merino,[50] Ali Muñoz[51] ou Maya Yamamoto,[52] futbolistas cun gran percorrido profesional na máxima categoría nacional.
O salto de calidade comezou a apreciarse na Copa Deputación onde o equipo volveu a saír vencedor, de novo, ante o Victoria C.F. (4-0).[53]
A tempada regular iniciouse cun empate na casa (2-2)[54] ante o PM Friol CD Lugo que prendeu todas as alarmas e vaticinou un novo ano á estela dun Real Oviedo que domina no grupo 1 de Segunda división pero non acada o ansiado ascenso. Porén, o equipo dirixido por Manu Sánchez pisou o acelerador e encadeou 23 vitorias consecutivas, unha delas no campo das favoritas (1-3)[55] que serviu para redimirse do tropezo sufrido meses atrás. Ante este nivel de esixencia cada semana o Real Oviedo rematou por ceder. O Dépor fíxose co seu primeiro campionato de liga o 31 de marzo de 2019 ao golear por cinco goles a cero ao Sárdoma C.F., con tantos de Peke (2), Gaby, Patri López e Tere Abelleira.[56] Obtivo así o seu primeiro pase á fase de ascenso a Primeira división 30 anos despois, escribindo unha nova folla de ouro na historia do club e do fútbol feminino coruñés.
O equipo cruzouse na primeira fase do 'playoff' de ascenso a Liga Iberdrola co Alhama CF, ao que gañou a domicilio grazas a un gol de Maya Yamamoto, sentenciando a eliminatoria no partido de volta cun contundente 5-1 ante un cheo histórico na Cidade Deportiva de Abegondo. Na segunda fase do playoff o Deportivo ABANCA enfrontouse ao CD Femarguín, ao que venceu 2-0 na casa e 1-4 a domicilio, acadando así o ascenso a Liga Iberdrola o 19 de maio de 2019.[57]
Para a súa estrea na Primeira División o Deportivo reforzou a súa portería con xogadoras con experiencia na máxima categoría, como Esther Sullastres[58] que se recuperaba dunha longa lesión, e María Isabel Rodríguez[58] suplente no Atlético de Madrid que acababa de gañar a liga. Tamén Noelia Villegas[58] proviña desta categoría e viña a reforzar a defensa. O resto das súas incorporaciónes foron xogadoras novas con proxección. Foi o caso de María Méndez, campioa do mundo sub-17.[58] A derradeira fichaxe do Deportivo na pretempada foi a dianteira Athenea del Castillo, internacional sub-19, tras unha dura disputa co CDE Racing Féminas.[59]
Nesta pretempada 2019-20 o Deportivo programou dous amigábeis con equipos de Primeira División, para prepararse para un salto de nivel que se outros anos fora considerable, este ano prometía ser aínda maior trala intensa campaña de fichaxes internacionais realizada polos equipos de primeira. Nestes partidos as branquiazuis sufriron contundentes derrotas, 1-5 co U.D.G. Tenerife e 0-2 co Madrid C.F.F.[60]. Non obstante, o 8 de setembro de 2019 as nosas estreáronse cunha vitoria ante o R.C.D. Español (3-1),[61] sendo o primeiro equipo que se estreaba cunha vitoria na máxima categoría dende o Fundación Albacete na temporada 2014-15. O equipo continuou sumando vitorias e mantívose invicto durante as primeiras sete xornadas, ocupando o segunda praza ata o partido da xornada 8 fronte ao Atlético de Madrid, cando volveu perder un partido oficial, cousa que non ocorría dende marzo de 2018, un ano e medio antes.[62][63] Nos partidos como local, esta xeira prolongouse ata a xornada 19.[64] Finalmente a irrupción da pandemia de coronavirus provocou o final abrupto da competición cando o equipo ocupaba a cuarta posición da táboa. Pouco antes, en febreiro, o Deportivo volveu disputar un partido da Copa da Raíña, competición que non xogaba dende os tempos do Karbo. Nunha histórica noite na que o equipo xogou ademais o seu primeiro partido no Estadio de Riazor, as coruñesas golearon por 7 a 2 ao Valencia Féminas, con 4 goles de Peke, e cadanseu gol de Athenea, Tere Abelleira e María Méndez.[65] Con todo, foron eliminadas na seguinte rolda (cuartos de final) polo FC Barcelona.
Na tempada 2019/20 o equipo comezou con tres derrotas nas tres primeiras xornadas.[66] O 23 de outubro de 2020 Athenea del Castillo fixo historia ao converterse na primeira futbolista do Deportivo en debutar coa selección española absoluta, no partido de clasificación para a Eurocopa, fronte á República Checa.[67]
O 19 de xuño de 2021 o Deportivo perdeu fronte o Betis, desdendo á Segunda División logo de dous anos na máxima categoría.[68] O descenso produciuse logo dunha estraña tempada xogada a prazos a causa da pandemia de COVID-19.[69]
A tempada 2021-22 do Deportivo finalizou co partido de playout fronte á Real Unión de Tenerife no Estadio de Riazor. O equipo dirixido por Miguel Llorente, xa que logo, conseguiu a permanencia na segunda categoría do fútbol feminino español.[70]
O 21 de abril de 2024, logo de tres tempadas na Segunda División o Deportivo, dirixido por Irene Ferreras, ascendeu novamente á Primeira División logo de derrotar no Estadio Municipal de Riazor ao Cacereño por 3-1 ante 14 057 persoas. O éxito do equipo chegou logo dunha tempada moi sólida na que tan só perderon dous partidos, aínda que non puideron facerse co título de liga, que foi ás máns do Fútbol Club Barcelona "B" logo de que as coruñesas non conseguiran pasar do empate na derradeira xornada fronte o Albacete (2-2). Con este ascenso, o Deportivo puido resarcirse do sabor agre da tempada precedente, cando dispuxera de dúas oportunidades para ascender durante a liga regular e posteriormente fallaron no play-off de ascenso.[68][71][69]
O escudo oficial do club consiste nun cinto de cabaleiro que rodea o pendón morado da Sala Calvet e a bandeira de Galicia. Coroa real no centro do pendón e sobre o escudo.
|
|
As cores oficiais son as seguintes:[72]
|
|
|
|
Dende que en 1983 o Karbo Club de Fútbol integrouse no Deportivo e pasou a ser o seu equipo feminino,[73][74] os equipos femininos vinculados ao club vestiron a mesma equipación a raias brancas e azuis que o equipo masculino.[75] Logo do regreso do fútbol feminino ao club herculino, na temporada 2016-17 o equipo comezou sen patrocinador[76] máis en decembro Abanca incorpouse á camisola.[77] Do mesmo xeito que o equipo masculino, o patrocinador técnico do equipo é a firma italiana Kappa, que asinou co club coruñés un contrato dende o 2021 ata o 2026.[78]
1980s
|
2016-17
|
2018-19
|
2019-20
|
2020-21
|
Tempada | Liga | Copa da Raíña |
Copa Galicia |
Copa Deputación |
Adestrador | Presidente | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Competición | Posición | X | G | E | P | GF | GC | Ptos | ||||||
1982/1983 | LG | 1º | 10 | 9 | 1 | 0 | 65 | 4 | 19 | 1º | - | - | José Mañana | |
1983/1984 | LG | 1º | 14 | - | - | - | - | - | - | 1º | 2º | - | José Mañana | Jesús Corzo |
1984/1985 | LG | 1º | 10 | 10 | 0 | 0 | 82 | 0 | 20 | 1º | - | - | Antonio "Quinocho" | Jesús Corzo |
1985/1986 | LG | 1º | 9 | 8 | 0 | 1 | - | - | 16 | 1/2 | - | - | Antonio "Quinocho" | Jesús Corzo |
1986/1987 | LG | 1º | 8 | - | - | - | - | - | - | 1/2 | 1º | - | Antonio "Quinocho" | Andrés G. Yáñez |
2016/2017 | 2ªD | 2º | 26 | 21 | 2 | 3 | 120 | 19 | 65 | Non clasificado | - | 1º | Manu Sánchez | Tino Fernández |
2017/2018 | 2ªD | 2º | 26 | 24 | 1 | 1 | 155 | 11 | 73 | Non clasificado | 1º | 1º | Manu Sánchez | Tino Fernández |
2018/2019 | 2ªD | 1º | 26 | 25 | 1 | 0 | 150 | 13 | 76 | Non clasificado | 1º | 1º | Manu Sánchez | Tino Fernández |
2019/2020 | 1ªD | 4º | 21 | 11 | 4 | 6 | 46 | 38 | 37 | 1/4 | 1º | Manu Sánchez | Paco Zas Fernando Vidal | |
Datos actualizados a 6 de maio de 2020. |
1ªD | Primeira División | 2ªD | Segunda División Grupo 1 | LG | Liga Galega |
Tanto o primeiro equipo como o filial xogan os seus partidos na Cidade Deportiva de Abegondo. O complexo deportivo da entidade foi inaugurado en 2003 e conta con ata 14 campos de fútbol. O campo principal ten capacidade para 1 000 persoas cara o campo principal e 300 na parte posterior.[79] Nalgunhas ocasións emprega o Estadio Municipal de Riazor.
Na tempada 2020-21 o R.C. Deportivo anunciou que o equipo feminino xogaría no Campo de Fútbol de Elviña, onde xa xogara na década de 1980, o que facilitaría a afluencia de público. Para elo reformaríase o recinto deportivo, mellorando o terreo de xogo, e se ampliaría a súa capacidade dos 1 200 a entre 2 000 e 3 000 persoas.[80][81] Tras un cambio na dirección do club estes plans foron cancelados.
O Deportivo logrou o seu récord de asistencia o 21 de abril de 2024, cando 14 057 persoas presenciaron o ascenso do equipo á Primeira División no Estadio Municipal de Riazor.[82]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
|
|
Altas | ||||
Xogadora | Posición | Orixe | Tipo | Cobro |
---|---|---|---|---|
Esther Sullastres | Porteira | Zaragoza C.F.F. | Fin de contrato | - |
Mª Isabel "Misa" | Porteira | Atlético de Madrid | Libre | - |
María Méndez | Defensa | Real Oviedo Femenino | Fin de contrato | - |
Noelia Villegas | Defensa | Madrid C.F.F. | Fin de contrato | - |
Athenea del Castillo | Dianteira | CDE Racing Féminas | Libre | - |
Carolina Arbeláez | Centrocampista | Atlético Nacional | Libre | - |
Lorena Bedoya | Centrocampista | Atlético Nacional | ? | - |
Baixas | ||||
Xogadora | Posición | Destino | Tipo | Cobro |
---|---|---|---|---|
Malena Mieres | Porteira | S.D. Eibar | Fin de contrato | - |
Patricia Curbelo | Porteira | UD Tacuense | Fin de contrato | - |
Raquel Béjar | Defensa | - | Fin de contrato | - |
Rosalía Muíño | Centrocampista | South Florida Bulls | Libre | - |
Alicia Muñoz | Dianteira | C.F.F. Cáceres | Fin de contrato | - |
Silvia Mérida | Defensa | Deportivo Alavés | Libre | - |
Érika Sâmia | Defensa | Deportivo Alavés | Libre | - |
Ademais de Nuria Torres[83] procedente do Atlántida Matamá e Sara Álvarez, defensa/lateral dereito tamén procedente do Atlántida de Matamá incorporáronse ó filial co obxectivo de ter algúns minutos no primeiro equipo.
O filial deportivista xoga na Primeira Nacional (Grupo I), despois de conseguir o ascenso na tempada 2018/2019.[84][85] Antes de ascender proclamouse campión da Copa Galicia da categoría de Primeira División Galega.[86]
Ademais do seu segundo equipo, o Deportivo conta cun segundo filial, o Orzán SD, que a pesar de ser un club independente asinou un convenio co Deportivo en 2019 para fomentar o fútbol femenino e de formación, pasando así os dous equipos do Orzán a ser filiais do Deportivo.[87]
Competición | Títulos | Subcampionatos |
---|---|---|
Copa Raíña Sofía (1) | 1981[88] | |
Copa da Raíña (3) | 1983, 1984, 1985 | |
Segunda División de España (1) | 2018/19 | 2016/17, 2017/18 |
Competición | Títulos | Subcampionatos |
---|---|---|
Copa Galicia (3) | 1987, 2018,[89] 2019 | 1984 |
Liga Galega (5) | 1982-83, 1983-84, 1984-85, 1985-86, 1986-87 | |
Copa Deputación (4) | 2016, 2017, 2018, 2019[90] |
Datos actualizados a 14 de abril de 2019.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.