Trofeo Teresa Herrera Feminino
torneo amigable de fútbol From Wikipedia, the free encyclopedia
O Trofeo Teresa Herrera Feminino é un torneo de fútbol feminino de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 2013.
Tipo | torneo amistoso de fútbol |
---|---|
Epónimo | Teresa Herrera |
Organizador | Concello da Coruña |
Localización e Datas | |
Localización | estadio de Riazor (A Coruña) 43°22′07″N 8°25′03″O |
País | España |
Vixencia | 2013 – |
Historia
O torneo naceu en 2013, organizado polo Concello da Coruña, como a versión feminina do histórico Trofeo Teresa Herrera que levaba disputándose dende 1946.[1] A primeira edición enfrontou a dous equipos coruñeses, o Victoria CF e o Orzán SD, o 7 de outubro de 2013 no campo Rodrigo García Vizoso da Grela. Gañou por 3 goles a cero o Victoria,[2] que revalidou o título ao ano seguinte fronte ao Boavista FC portugués, xa en Riazor.[3]
En 2015 participou por primeira vez un equipo da Primeira División, o Rayo Vallecano, que goleou por 7-0 ao Victoria CF.[4] Ao ano seguinte a gran novidade foi o Deportivo da Coruña Feminino, unha sección do club que se acababa de recuperar despois de décadas de ausencia. As branquiazuis conseguiron o título despois de derrotar na quenda de penaltis ao Villarreal.[5] En 2017 e 2018 as vencedoras foron as xogadoras do Athletic de Bilbao, derrotando pola mínima nas dúas ocasións ao Deportivo, que caeu tamén en 2019 fronte ao UD Granadilla Tenerife (1-5).
En 2020 a pandemia de COVID-19 paralizou as competicións deportivas en case todo o mundo e cando estas regresaron fixérono a porta pechada ou con importantes restricións de capacidade. Con esta situación parecía que o ano remataría sen Teresa Herrera, pero en decembro anunciouse que, ao igual que o trofeo masculino, o feminino celebraríase o día 20, entre o Victoria CF e o Deportivo Feminino B, debido a que o primeiro equipo tiña partido de liga.[6][7] O triunfo foi para o filial branquiazul despois de empatar a un gol e chegar aos penaltis.[8]
Edicións
Nº | Ano | Campión | Final[n 1] | Subcampión |
---|---|---|---|---|
I | 2013 | ![]() |
3−0 | ![]() |
II | 2014 | ![]() |
2−1 | ![]() |
III | 2015 | ![]() |
7−0 | ![]() |
IV | 2016 | ![]() |
2−2 (4−3) | ![]() |
V | 2017 | ![]() |
1−0 | ![]() |
VI | 2018 | ![]() |
1−0 | ![]() |
VII | 2019 | ![]() |
5−1 | ![]() |
VIII | 2020 | ![]() |
1-1 (5−3) | ![]() |
IX | 2021 | ![]() |
0−0 (5−4) | ![]() |
X | 2022 | ![]() |
2−2 (5−3) | ![]() |
XI | 2023 | ![]() |
2−0 | ![]() |
XII | 2024 | ![]() |
2−1 | ![]() |
- En pequeno, resultado da quenda de penaltis.
Palmarés
Equipo | Títulos | Anos |
![]() |
4 | 2016, 2022, 2023, 2024 |
![]() |
2 | 2013, 2014, |
![]() |
2 | 2017, 2018 |
![]() |
1 | 2015 |
![]() |
1 | 2019 |
![]() |
1 | 2020 |
![]() |
1 | 2021 |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.