Foguete espacial dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
O Delta IV (Delta 9000 segundo a numeración clásica dos foguetes Delta e Delta 3000 segundo a nova numeración) é o nome dunha subfamilia de foguetes espaciais dos estadounidense en servizo desde 2002.[1][4]
Delta IV / Delta 9000 | |
---|---|
Función | Lanzador espacial de capacidade media |
país de orixe | Estados Unidos |
Tamaño | |
foguetes derivados | |
Familia | Delta[1] |
Lanzamento históricos | |
Voo inaugural | 20 de novembro de 2002[1] |
Acelerarores – GEM 60[2] | |
altura | 16,2 m[2] |
diámetro | 1,52 m[2] |
masa baleiro | 3849 kg[2] |
masa cheo | 33.798 kg[2] |
impulsado por | 1[2] |
potencia máxima | 826,553 kN (no baleiro)[2] |
Impulso específico | 243 s (a nivel do mar), 275 s (no baleiro)[2] |
propelente | Propelente sólido[2] |
Primeira etapa – CBC[3] | |
altura | 40,8 m[3] |
diámetro | 5,1 m[3] |
masa baleiro | 26.760 kg[3] |
masa cheo | 226.400 kg[3] |
impulsado por | 1 RS-68[3] |
potencia máxima | 3312,755 kN (no baleiro)[3] |
Impulso específico | 365 s (a nivel do mar), 420 s (no baleiro)[3] |
propelente | Oxíxeno líquido e hidróxeno líquido[3] |
Segunda etapa – DCSS[3] | |
altura | 12,0 m[3] |
diámetro | 2,44 m[3] |
masa baleiro | 3490 kg[3] |
masa cheo | 30.710 kg[3] |
impulsado por | 1 RL-10B-2[3] |
potencia máxima | 110,050 kN (no baleiro)[3] |
Impulso específico | 462 s (no baleiro)[3] |
propelente | Hidróxeno líquido e oxíxeno líquido[3] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Delta IV foi o primeiro foguete completamente crioxénico ó usar hidróxeno e oxíxeno líquidos en tódalas súas etapas. É o foguete usado pola USAF para poñer a maior parte dos seus satélites en órbita.[1]
As diferentes versións dos Delta IV usan un elemento común denominado precisamente Common Booster Core (que pode traducirse como acelerador central común), que funciona como primeira etapa usado en número dun ou de tres, segundo a versión de Delta IV. O CBC usa un motor RS-68 ou RS-68A de novo deseño que, cos seus arredor de 3 MN de pulo é o motor crioxénico máis potente da historia.[1]
A etapa superior pode ser unha de dúas variantes cun motor RL-10B-2, de 4 ou 5 metros de diámetro e o CBC pode usar 2 ou 4 foguetes aceleradores GEM-60 de propelente sólido como axuda na engalaxe.[1]
O método de numeración usado polos Delta IV é a seguinte[1]:
Adicionalmente poden levar unha letra: H para as versións pesadas (H de heavy) ou M para as de capacidade media (M de medium). Outra maneira é referirse ós Delta IV poñendo unha das letras indicando si é medio ou pesado e entre paréntese dúas cifras, a primeira referíndose ó diámetro da segunda etapa e a segunda ó número de aceleradores sólidos.[1]
Inicialmente planeouse unha versión lixeira do Delta IV, que tería levado a letra adicional S (de small), pero foi finalmente cancelado.[1]
Nome[1][4] | Aceleradores sólidos[1][4] | Primeira etapa[1][4] | Segunda etapa[1][4] | Terceira etapa[1][4] |
---|---|---|---|---|
Delta IV M | 0 | 1 CBC (RS-68) | RL-10B-2 / 4 metros de diámetro | N/A |
Delta IV M+(4,2) | 2 | 1 CBC (RS-68) | RL-10B-2 / 4 metros de diámetro | N/A |
Delta IV M+(5,2) | 2 | 1 CBC (RS-68) | RL-10B-2 / 5 metros de diámetro | N/A |
Delta IV M+(5,4) | 4 | 1 CBC (RS-68) | RL-10B-2 / 5 metros de diámetro | N/A |
Delta IV H | 0 | 3 CBC (RS-68) | RL-10B-2 / 5 metros de diámetro | N/A |
Delta IV H (aumentado) | 0 | 3 CBC (RS-68A) | RL-10B-2 / 5 metros de diámetro | N/A |
Carga (kg)[4] | LEO[4] | LPEO[4] | GTO[4] | GTO[4] | Órbita interplanetaria[4] |
---|---|---|---|---|---|
Delta IV M | 8120 | 6760 | 4210 | N/A | 2722 |
Delta IV M+(4,2) | 10.430 | 9070 | 5845 | 1611 | N/A |
Delta IV M+(5,2) | 7980 | 7850 | 4640 | N/A | N/A |
Delta IV M+(5,4) | 11.475 | 10.300 | 6555 | 2412 | N/A |
Delta IV H | 23.040 | 20.500 | 13.130 | 6275 | 9000 |
Delta IV H (aumentado) | N/A | N/A | 14.560 | 6577 | N/A |
Voo[4] | Data[4] | Rampla de lanzamento[4] | Carga[4] | Resultado[4] | Notas[4] |
---|---|---|---|---|---|
D-293 | 20 de novembro de 2002 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | Eutelsat W5 | Éxito | Primeiro voo dun Delta IV. O modelo que voou foi un Delta IV M+(4,2).[2] |
D-296 | 11 de marzo de 2003 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | DSCS-3 A3 | Éxito | Delta IV M[5] |
D-301 | 29 de agosto de 2003 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | DSCS-3 B6 | Éxito | Delta IV M[5] |
D-310 | 21 de decembro de 2004 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | Demosat / 3CS 1 / 3CS 2 | Éxito parcial | Delta IV H. Primeiro voo da versión pesada.
A etapa superior funcionou durante menos tempo do esperado, deixando o satélite de probas nunha órbita inferior á prevista.[3] |
D-315 | 24 de maio de 2006 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | GOES 13 | Éxito | Delta IV M+(4,2)[2] |
D-317 | 28 de xuño de 2006 | Rampla SLC-6 da Base Vandenberg | Trumpet-F | Éxito | Delta IV M+(4,2)[2] |
D-320 | 4 de novembro de 2006 | Rampla SLC-6 da Base Vandenberg | DMSP-5D3 F17 | Éxito | Delta IV M[5] |
D-329 | 11 de novembro de 2007 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | DSP 23 | Éxito | Delta IV H[3] |
D-337 | 18 de xaneiro de 2009 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | Mentor 4 | Éxito | Delta IV H[3] |
D-342 | 27 de xuño de 2009 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | GOES 14 | Éxito | Delta IV M+(4,2)[2] |
D-346 | 6 de decembro de 2009 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | WGS 3 | Éxito | Delta IV M+(5,4)[6] |
D-348 | 4 de marzo de 2010 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | GOES 15 | Éxito | Delta IV M+(4,2)[2] |
D-349 | 28 de maio de 2010 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | GPS-2F 1 | Éxito | Delta IV M+(4,2).[2] |
D-351 | 21 de novembro de 2010 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | Mentor 5 | Éxito | Delta IV H[3] |
D-352 | 20 de xaneiro de 2011 | Rampla SLC-6 da Base Vandenberg | KH-11 15 | Éxito | Delta IV H.[3] |
D-353 | 11 de marzo de 2011 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | SDS-3 6 | Éxito | Delta IV M+(4,2).[2] |
D-355 | 16 de xullo de 2011 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | GPS-2F 2 | Éxito | Delta IV M+(4,2).[2] |
D-358 | 20 de xaneiro de 2012 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | WGS 4 | Éxito | Delta IV M+(5,4).[6] |
D-359 | 3 de abril de 2012 | Rampla SLC-6 da Base Vandenberg | FIA-Radar 2 | Éxito | Delta IV M+(5,2).[7] |
D-360 | 29 de xuño de 2012 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | Mentor 6 | Éxito | Delta IV H (aumentado) |
D-361 | 4 de outubro de 2012 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | GPS-2F 3 | Éxito | Delta IV M |
D-362 | 25 de xaneiro de 2013 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | WGS 5 | Éxito | Delta IV M |
D-363 | 8 de agosto de 2013 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | WGS 6 | Éxito | Delta IV M |
D-364 | 28 de agosto de 2013 | Rampla SLC-6 da Base Vandenberg | KH-11 16 | Éxito | Delta IV H |
D-365 | 21 de febreiro de 2014 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | GPS-2F 5 | Éxito | Delta IV M+ |
D-366 | 17 de maio de 2014 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | GPS-2F 6 | Éxito | Delta IV M+ |
D-368 | 28 de xullo de 2014 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | GSSAP1 / GSSAP2 / ANGELS | Éxito | Delta IV M+ |
D-369 | 5 de decembro de 2014 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | Orion EFT-1 | Éxito | Delta IV H |
D-371 | 25 de marzo de 2015 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | GPS-2F 9 | Éxito | Delta IV M+ |
D-372 | 24 de xullo de 2015 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | WGS 7 | Éxito | Delta IV M+ |
D-373 | 10 de febreiro de 2016 | Rampla SLC-6 da Base Vandenberg | Topaz 4 | Éxito | Delta IV M+ |
D-374 | 11 de xuño de 2016 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | NROL 37 | Éxito | Delta IV H |
D-375 | 19 de agosto de 2016 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | GSSAP 3 / GSSAP 4 | Éxito | Delta IV M+ |
D-376 | 7 de decembro de 2016 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | WGS 8 | Éxito | Delta IV M+ |
D-377 | 18 de marzo de 2017 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | WGS 9 | Éxito | Delta IV M+ |
D-279 | 12 de xaneiro de 2018 | Rampla SLC-6 da Base Vandenberg | Topaz 5 | Éxito | Delta IV M+ |
D-380 | 12 de agosto de 2018 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | Sonda Solar Parker | Éxito | Delta IV H |
D-382 | 19 de xaneiro de 2019 | Rampla SLC-6 da Base Vandenberg | KH-11 17 | Éxito | Delta IV H |
D-383 | 15 de marzo de 2019 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | WGS 10 | Éxito | Delta IV M+ |
D-384 | 22 de agosto de 2019 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | GPS-3 2 | Éxito | Delta IV M+. Último voo dun Delta IV Medium. |
D-385 | 11 de decembro de 2020 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | NROL 44 | Éxito | Delta IV H |
D-386 | 26 de abril de 2021 | Rampla SLC-6 da Base Vandenberg | NROL 82 | Éxito | Delta IV H |
D-387 | 24 de setembro de 2022 | Rampla SLC-6 da Base Vandenberg | NROL 91 | Éxito | Delta IV H |
D-388 | 22 de xuño de 2023 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | Orion 11 | Éxito | Delta IV H |
D-389 | 9 de abril de 2024 | Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral | Orion 12 | Éxito | Delta IV H. Último lanzamento dun Delta IV. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.