From Wikipedia, the free encyclopedia
Geostationary Operational Environmental Satellite, máis coñecidos como GOES, é unha serie de satélites meteorolóxicos estadounidenses dependentes da NOAA, situados en órbita xoestacionaria. O primeiro GOES foi lanzado en 1974 e desde entón a serie foi cambiando e mellorando, podendo dividirse en varias familias de satélites. Os tres primeiros GOES foron coñecidos inicialmente como Synchronous Meteorological Satellite (SMS), cambiándose posteriormente a súa denominación.[1]
Foron os primeiros satélites meteorolóxicos xeoestacionarios. Estabilizábanse mediante xiro a 100 r.p.m., tiñan forma cilíndrica con 190,5 cm de diámetro e 230 cm de altura e un mastro de 83 cm cun magnetómetro no extremo. Cada satélite levaba a bordo un radiómetro para lonxitudes de onda visibles e infravermellas (VISSR, Visible Infrared Spin-Scan Radiometer), que proporcionaba información da cuberta de nubes tanto no lado diúrno como no nocturno do planeta e podía medir a temperatura da terra e da atmosfera. Tamén dispoñían dun monitor da contorna espacial (SEM, Space Environmental Monitor) para medir a cantidade de protóns e electróns e o fluxo de raios X solares, así como os campos magnéticos. Os satélites usaban tanto a UHF como a banda S para transmitir telemetría e recibir comandos. As dúas primeiras unidades denomináronse Synchronous Meteorological Satellite, e a denominación GOES foi usada a partir da terceira unidade, usando ás veces letras en lugar de números (GOES A, B e C). Foron lanzados entre 1974 e 1978, todos a bordo de foguetes Delta 2914. GOES 3 foi desactivado en xuño de 2016, despois de 38 anos de servizo. O satélite foi usado moito despois do fallo do seu instrumento VISSR como enlace coa base Amundsen-Scott do polo sur.[2][1]
Tamén denominados GOES D, E, F, G e H. Usaban o bus HS-371, estabilizábanse mediante xiro e levaban un instrumento VISSR mellorado, así como un sondador atmosférico no visible e infravermello (VAS, Visible and Infrared Atmospheric Sounder) para medir a temperatura vertical da atmosfera, proporcionando información sobre a súa estrutura tridimensional. VAS tiña unha resolución de 0,9 km no visible e de 6,9 km no infravermello. Ao igual que a anterior familia, tamén levaban un instrumento SEM para monitorizar a contorna espacial. GOES 7 tamén era capaz de reenviar sinais de transmisores de emerxencia de avións e buques en perigo na frecuencia de 406 MHz. Todos foron lanzados mediante Delta 3914 entre 1980 e 1987. GOES G foi destruído durante o lanzamento polo fallo do foguete portador.[3][1]
Tamén denominados GOES I, J, K, L e M. A diferenza dos anteriores, estabilizábanse nos tres eixos. Usaban o bus SSL-1300 de Space Systems Loral. Foron lanzados entre 1994 e 2001, os tres primeiros mediante Atlas I e os dous últimos mediante Atlas IIA. Entre os instrumentos de a bordo se inclúe unha nova cámara para o visible e o infravermello e un novo sondador para temperaturas verticais, así como un novo instrumento SEM.[4][1]
Tamén denominados GOES N, O, P e Q. Estabilízanse nos tres eixos e usan o bus BSS-601 de Boeing. Foron lanzados entre 2006 e 2010 usando Delta IV, cancelándose o GOES 16. Esta serie proporciona máis precisión na localización de tormentas e outros fenómenos.[5][1]
Tamén denominados GOES R, S, T e U. Estabilízanse nos tres eixos e usaban o bus A2100A de Lockheed Martin. As tres primeiras unidades foron lanzados entre 2016 e 2022 usando Atlas V.[6][1]
GOES U espera ser lanzado como tarde en 2025 como remprazamento de SOHO.[7]
Misión[1][2][3][4][5] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5] | Notas[1][2][3][4][5] |
---|---|---|---|
SMS 1 | 17 de maio de 1974 | Delta 2914 | Éxito |
SMS 2 | 6 de febreiro de 1975 | Delta 2914 | Éxito |
GOES 1 | 16 de outubro de 1975 | Delta 2914 | Éxito |
GOES 2 | 16 de xuño de 1977 | Delta 2914 | Éxito |
GOES 3 | 16 de xuño de 1978 | Delta 2914 | Éxito |
GOES 4 | 9 de setembro de 1980 | Delta 3914 | Éxito |
GOES 5 | 22 de maio de 1981 | Delta 3914 | Éxito |
GOES 6 | 28 de abril de 1983 | Delta 3914 | Éxito |
GOES G | 3 de maio de 1986 | Delta 3914 | Fallo |
GOES 7 | 26 de febreiro de 1987 | Delta 3914 | Éxito |
GOES 8 | 13 de abril de 1994 | Atlas I | Éxito |
GOES 9 | 23 de maio de 1995 | Atlas I | Éxito |
GOES 10 | 25 de abril de 1997 | Atlas I | Éxito |
GOES 11 | 3 de maio de 2000 | Atlas IIA | Éxito |
GOES 12 | 23 de xullo de 2001 | Atlas IIA | Éxito |
GOES 13 | 24 de maio de 2006 | Delta IV M | Éxito |
GOES 14 | 27 de xuño de 2009 | Delta IV M | Éxito |
GOES 15 | 4 de marzo de 2010 | Delta IV M | Éxito |
GOES 16 | 19 de novembro de 2016 | Atlas V | Éxito |
GOES 17 | 1 de marzo de 2018 | Atlas V | Éxito |
GOES 18 | 1 de marzo de 2022 | Atlas V | Éxito |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.