Deinonychus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Deinonychus

Deinonychus (do grego: δεινός; deinós, 'terrible' e do grego: ὄνυξ; ónux, 'gadoupa') é un xénero representado por unha única especie de dinosauro terópodo dromeosáurido, Deinonychus antirrhopus. Viviu a mediados do período Cretáceo, fhai aproximadamente 115 e 108 millóns de anos, entre o Aptiano e o Albiano, no que hoxe é Norteamérica. Deinonychus era un corredor moi áxil e veloz, calidades que se vían favorecidas pola súa cola longa e ríxida, sempre levantada, que lle axudaba a manter o equilibrio durante a carreira. Aínda que estaba estreitamente emparentado co Velociraptor de Mongolia, diferénciase facilmente a primeira ollada polo seu morro máis curto, constitución máis robusta e maior tamaño. Alcanzaba lonxitudes de entre 2,5 e 3,5 metros e un peso de 50 a 70 quilogramos.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Deinonychus
Rango fósil: Cretáceo inferior
115 Ma-108 Ma

Esqueleto montado no Museo Field de Historia Natural.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Archosauria
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
Familia: Dromaeosauridae
Subfamilia: Velociraptorinae
Xénero: Deinonychus
Especie: D. antirrhopus
Nome binomial
Deinonychus antirrhopus
Ostrom, 1969
Sinonimia
  • Velociraptor antirrhopus
    Paul, 1988
Pechar

Os estudos do paleontólogo John Ostrom sobre Deinonychus de finais da década de 1960 revolucionaron o pensamento científico sobre os dinosauros, provocando un "renacemento dos dinosauros" e espertando un debate sobre se os dinosauros eran de sangue quente ou de sangue frío. Antes diso, a concepción popular sobre os dinosauros era a de xigantes reptilianos. Ostrom observou o corpo pequeno, a postura elegante e horizontal, a columna vertebral, e especialmente as gadoupas raptoriais agrandadas nos pés, suxerían un depredador activo e áxil.[1]

Descuberta e nomeamento

Os restos fosilizados de Deinonychus foron descubertos na formación Cloverly de Montana e Wyoming[1] e na formación Antlers de Oklahoma,[2] en América do Norte. A formación Cloverly data de finais do Aptiano até comezos do Albiano no período Cretáceo, hai entre 115 e 108 millóns de anos.[3][4] Ademais, uns dentes atopados en Arundel Clay Facies (mediados do Aptiano), da formación Potomac na chaira costeira atlántica de Maryland, tamén foron asignados ó xénero.[5]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.