From Wikipedia, the free encyclopedia
Crésida é un satélite interior de Urano. Foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 9 de xaneiro de 1986, e déuselle a designación temporal de S/1986 U 3.[7] Máis tarde recibiría o nome da filla do troiano Calchas, unha heroína tráxica que aparece na obra de William Shakespeare, Troilus and Cressida (tamén en contos de Geoffrey Chaucer e outros autores). Tamén foi designada coma Urano IX.[8]
Imaxe tomada pola Voyager 2 da lúa de Urano, Portia, Crésida, e Ofelia. | |
---|---|
Descubrimento | |
Descuberta por | Stephen P. Synnott / Voyager 2 |
Descuberta en | 9 de xaneiro de 1986 |
Características orbitais | |
Radio orbital medio | 61.766,730 ± 0,046 km[1] |
Excentricidade | 0,00036 ± 0,00011[1] |
Período orbital | 0,463569601 ± 0,000000013 d[1] |
Inclinación | 0,006 ± 0,040° (respecto do ecuador de Urano)[1] |
é satélite de | Urano |
Características físicas | |
Dimensións | 92 × 74 × 74 km<[2] |
Radio medio | 39,8 ± 2 km[2][3][4] |
Área superficial | ~20.000 km²[5] |
Volume | ~260.000 km³[5] |
Masa | ~3,4 x 1017 kg[5] |
Densidade media | 1,3 g/cm3 (estimada)[3] |
Gravidade superficial | ~0,013 m/s2[5] |
Velocidade de escape | ~0,034 km/s[5] |
Período de rotación | sincrónica[2] |
Oblicuidade da eclíptica | cero[2] |
Albedo | 0,08 ± 0,01[6] 0.07[3][4] |
Temperatura superficial | ~64 K[5] |
Crésida pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Belinda, Bianca, Desdémona, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Perdita.[6] Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes.[6] Só se coñece a súa órbita,[1] o seu radio de 41 kms[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6].
As imaxes da Voyager 2 amosan a Crésida coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Crésida é de 0,8 ± 0,3[2], o que lle outorga unha forma elipsoidal suave. A súa superficie é de cor gris.[2]
Crésida podería colidir con Desdemona dentro dos próximos 100 millóns de anos.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.