Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ofelia é unha lúa de Urano. Foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2 o 20 de xaneiro de 1986 e recibiu a designación temporal de S/1986 U 8.[7] Non volveu ser vista ata que foi recuperada polo Telescopio Espacial Hubble no 2003.[6][8] Ofelia recibiría máis tarde o nome da filla de Polonius, personaxe que aparece na obra de William Shakespeare, Hamlet. Tamén é coñecida coma Urano VII[9].
Imaxe do descubrimento de Ofelia (na parte superior da imaxe, por fora dos aneis) | |
---|---|
Descubrimento | |
Descuberta por | Richard J. Terrile / Voyager 2 |
Descuberta en | 20 de xaneiro de 1986 |
Características orbitais | |
Raio orbital medio | 53.763,390 ± 0,847 km[1] |
Excentricidade | 0,00992 ± 0,000107[1] |
Período orbital | 0,37640039 ± 0,00000357 d[1] |
Inclinación | 0,10362 ± 0,055° (respecto do ecuador de Urano)[1] |
é satélite de | Urano |
Características físicas | |
Dimensións | 54 × 38 × 38 km[2] |
Raio medio | 21,4 ± 4 km[2][3][4] |
Área superficial | ~6.600 km²[5] |
Volume | ~41.000 km³[5] |
Masa | ~5,3 x 1016 kg[5] |
Densidade media | 1,3 g/cm3 (estimada)[3] |
Gravidade superficial | ~0,0070 m/s2[5] |
Velocidade de escape | ~0,018 km/s[5] |
Período de rotación | sincrónica[2] |
Oblicuidade da eclíptica | cero[2] |
Albedo | 0,08 ± 0,01[6] 0,07[3][4] |
Temperatura superficial | ~64 K[5] |
Por desgraza, a parte da súa órbita,[1] o seu raio de 21 kms[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6], pouco máis se sabe deste astro. As imaxes da Voyager 2 amosan a Ofelia coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Ofelia é de 0,7 ± 0,3[2], o que lle outorga unha forma elipsoidal.
Ofelia actúa coma lúa pastor exterior do anel Epsilon.[10] A órbita de Ofelia está dentro do raio das órbitas sincrónicas de Urano, polo cal está nun lento proceso de caída cara ao planeta debido o efecto das mareas gravitatorias.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.