cromosoma humano From Wikipedia, the free encyclopedia
O cromosoma 17 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Posuímos dúas copias deste cromosoma autosómico nas nosas células diploides e unha copia nas haploides. Pola posición do seu centrómero é un cromosoma submetacéntrico. O cromosoma 17 contén algo máis de 81 millóns de pares de bases, o que supón entre o 2,5 e o 3 % do total do ADN da célula.
Cromosoma 17 humano | |
---|---|
Cromosomas do par 17 humano con bandeado G. En cada individuo un dos cromosomas deste par procede da nai e o outro do pai. | |
Cromosomas do par 17 humano nun cariograma humano masculino. | |
Características | |
Lonxitude (bp) | 83,257,441 bp (GRCh38)[1] |
No. de xenes | 1,124 (CCDS)[2] |
Tipo | Autosoma |
Posición do centrómero | Submetacéntrico[3] (25.1 Mbp[4]) |
Lista completa de xenes | |
CCDS | Lista de xenes |
HGNC | Lista de xenes |
UniProt | Lista de xenes |
NCBI | Lista de xenes |
Visores de mapa externos | |
Ensembl | Cromosoma 17 |
Entrez | Cromosoma 17 |
NCBI | Cromosoma 17 |
UCSC | Cromosoma 17 |
Secuencias de ADN completas | |
RefSeq | NC_000017 (FASTA) |
GenBank | CM000679 (FASTA) |
A identificación de xenes é unha área moi activa da investigación xenética, e poden utilizarse diversos métodos para predicir o número de xenes dun cromosoma, polo que as cifras poden variar segundo as fontes. Estímase que o número de xenes deste cromosoma está probablemente entre 1.200 e 1.500. Entre eles está o clúster de xenes Homeobox B.
Algúns dos xenes localizados no cromosoma 17 son:
Algunhas das doenzas e trastornos asociados co cromosoma 17 son os seguintes [5]:
Os cambios na estrutura ou número de copias do cromosoma 17 poden orixinar diversos trastornos, entre os que salientaremos os seguintes [6]:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.