Heliopora coerulea é unha especie de cnidario antozoo da subclase dos octocoraliarios, a única existente actualmente na orde dos helioporáceos.[2]
Heliopora coerulea Coral azul | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Heliopora coerulea | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Heliopora coerulea (Pallas, 1766) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Debido á súa coloración, coñécese vulgarmente na bibliografía internaciobal como coral azul. O seu esqueleto é macizo e está composto de carbonato cálcico. Tras a morte do coral, o seu esqueleto contribúe á xeración de novos arrecifes coralinos.
Taxonomía
Descrición
Orde
Familia
A familia foi descrirta en 1876 polo naturalista británico Henry Nottidge Moseley.
Xénero
O xénero foi descrito en 1830 polo naturalista, zoólogo e anatomista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville.
Especie
A especie foi descrita en 1766 polo médico, zoólogo e botánico alemán Peter Simon Pallas, baixo o nome de Madrepora coerulea.[3]
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
- Madrepora coerulea Pallas, 1766 (protónimo)
- Heliopora compressa Verrill, 1864
Características
O esqueleto das colonias deste animal, ou corallum, é azul, o que o distingue do resto dos corais. É de tipo masivo e adquire formas laminares, ramificadas, columnares ou incrustantes.[4] No interior do esqueleto hai cristais dun pigmento biolóxico azul escuro, do tipo da biliverdina; para producir este pigmento, o coral ten a propiedade de extraer da auga ferro, e oxidalo, converténdoo nun sal azul que se fixa no esqueleto.
Os pólipos autozoides son bastante longos e delgados, e habitan nun sistema de tubos canalizado por todo o esqueleto. Os seus oito tentáculos presentan unhas células urticantes (os nematocistes), empregadas na caza de presas microscópicas do plancto. Ao igual que os corais de lume do xénero Millepora, posúe pólipos dactilozoides, que son defensivos e, ao tempo, a súa principal ferramenta para captar alimento; teñen entre 0,1 e 0,3 mm de diámetro, permanecen en cavidades baixo a superficie do coral e emerxen pola noite a través dos poros. Posúen tentáculos finos, como pelos, que presentan nematocistes.[5]
Heliopora coerulea presenta o tecido común da colonia, ou cenénquima, en tonalidades parda clara ou gris verdosa. Os pólipos autozoides son de cor azul, branca ou gris verdosa.5 As colonias poden alcanzar os 2 m de altura.[6]
Hábitat e distribución
Hábitat
Esta especie adoita vivir en arrecifes de coral, en zonas pouco profundas, ben iluminadas e próximas ás costas, entre 0 e 9 m, usualmente por riba dos 2 m, aínda que poden localizarse até os 51 m de profundidade, e nun rango de temperaturas entre os 26,47 e os 28,95 °C.[7] Pero tamén se encontran en zonas intermareais, lagoas e zonas protexidas do arrecife, onde desenvolven formas ramificadas, mentres que en zonas expostas con forte oleaxe conforman estruturas máis robustas.
Distribución
Distribúese por ambos os océanos Índico e Pacífico, máis frecuentemente en zonas ecuatoriais de augas cálidas cerca de 29 °C.
(Ver a relación de todos os países onde esta especie é nativa aquí).
Bioloxía
Nutrición
Os pólipos de Heliopora coeurlea conteñen algas simbióticas mutualistas (ambos os organismos beneficíanse da relación) chamadas zooxantelas. As algas realizan a fotosíntese producindo oxíxeno e glícidos, que son aproveitados polos pólipos, e aliméntanse dos catabólitos do coral (especialmente fósforo e nitróxeno).[8] Isto achega entre o 75 e o 95 % das súas necesidades alimenticias. O resto obtéñeno atrapando plancto microscópico e materia orgánica dispersa na auga.
Reprodución
Reprodúcese asexualmente mediante xemación e sexualmente mediante fecundación interna, na que se producen ovos que ao eclosionaren dan lugar a larvas. As larvas maduras, unha vez no exterior, están preparadas para fixarse rapidamente ao substrato. De feito, comprobouse que as larvas de H. coerulea non nadan, polo que se adhiren ao redor da colonia nai, garantindo deste modo que crecerán en condicións favorábeis. Unha vez adheridas, evolucionan a pólipo e comezan a súa su vida sésil, segregando un esqueleto de aragonita, e formando a colonia mediante a división dos pólipos por xemación.[Cómpre referencia]
Estado de conservación
Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC), esta especie está moi estendida na rexión Indo-Pacífica e é localmente común dentro da súa área de distribución. Porén, dado o seu rango de profundidade extremadamente baixo, é particularmente susceptíbel á recolección para o comercio de acuarios; por outra parte, sofre unha extensa redución do seu hábitat debido a unha combinación de varios factores.[1] Descoñécense as tendencias específicas da poboación, pero a súa redución pode inferirse da diminución da calidade do hábitat baseándose nas estimaciones combinadas dos arrecifes destruídos e os que están na etapa crítica de degradación dentro da súa área de distribución.[9] Por todo isto, cualifícase o seu status como VU (vulnerábel). Será importante reavaliar o status desta especie dentro de 10 anos debido ás ameazas previstas debidas ao cambio climático e á acidificación dos océanos.[1]
Galería
- Corallum de H. coerulea no Natural History Museum, Londres
- Con pólipos expandidos, en Samoa
- Na illa Lizard, Australia, cos pólipos autozoides retraídos
- Unha colonia ramificada de coral azul, de 1 m, na illa Lizard
- Con pólipos expandidos
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.