A CONMEBOL Libertadores[1][2] é a máxima competición continental de clubs de fútbol en Suramérica, organizada pola Confederación Suramericana de Fútbol, e que se disputa na primeira metade do ano dende 1960. Este torneo é o equivalente en Suramérica á Liga de Campións da UEFA en Europa.
Tipo | competición futbolística |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | Confederación Sudamericana de Fútbol |
Liga inferior | Categoría Primeira A |
Número de participantes | 47 |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1960 – |
Calendario da tempada | xaneiro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | SE Palmeiras (2021) |
Outro | |
Páxina web oficial | conmebollibertadores.com |
O equipo con máis títulos da Copa Libertadores é o Independiente de Avellaneda con 7. O actual campión é o Palmeiras de São Paulo que gañou as edicións de 2020 e 2021, contra Santos e Flamengo respectivamente.[3]
O equipo gañador da Copa Libertadores acada o dereito a disputar a Recopa Suramericana e a representar á Conmebol na Copa Mundial de Clubs da FIFA.
Formato da competición
A Copa Libertadores dispútase na primeira metade de cada ano, comezando en xaneiro e xogándose a final polo mes de xuño. O Brasil e a Arxentina achegan 5 equipos ó torneo, e cada ún dos restantes países da Conmebol achegan 3 equipos (o Uruguai, Chile, Paraguai, Bolivia, o Perú, Ecuador, Colombia e Venezuela). O país do equipo gañador na última edición, ten dereito a ter un representante a maiores. A Conmebol convida a México para que participe no torneo achegando outros 3 equipos. Deste xeito cada ano hai 38 equipos disputando a Copa Libertadores.
- Primeira Fase
Na primeira fase participan os 12 peores equipos en función do xeito polo que acadaron o dereito a competir neste torneo. Por exemplo, Ecuador achega ós 3 primeiros equipos clasificados na súa liga o ano anterior, e neste caso o 3º equipo ten que partipar nesta primeira fase. Cada país ten un equipo nesta fase, menos o país do último campión, que ten 2 equipos nesta fase. A fase consiste nunha eliminatoria con encontros de ida e volta. Os 6 equipos gañadores pasan á segunda fase, que é a fase de grupos.
- Fase de Grupos
A fase de grupos da Copa Libertadores é igual que a fase de grupos da Liga de Campións da UEFA. Consiste en 8 grupos con 4 equipos por grupo. Os 4 equipos de cada grupo xogan entre si na casa e fora, de xeito que cada equipo disputa 6 encontros, 2 fronte a cada equipo. Cando a fase de grupos remata, os 2 primeiros equipos de cada grupo pasan á seguinte fase, os oitavos de final.
- Oitavos de final
Nos oitavos de final da Copa Libertadores enfróntanse os primeiros equipos da fase de grupos fronte ós segundos equipos. As eliminatorias son a dobre encontro, e os equipos que remataron primeiros na fase de grupos agora teñen dereito a xogar na casa o partido de volta. Os gañadores desta eliminatoria pasan a cuartos de final.
- Cuartos de final
A esta fase do torneo chegan os 8 gañadores dos oitavos de final. Esta eliminatoria é igual que a anterior, a dobre encontro, ida e volta. O encontro de volta xógase na casa do equipo que foi mellor na fase de grupos, tendo en conta a posición no seu grupo (1º ou 2º) e os puntos e goles acadados. Os gañadores pasan ás semifinais.
- Semifinais
Nas semifinais séguese a ter conta como foi a participación de cada un dos 4 equipos na fase de grupos para determinar quen xoga o encontro de volta na casa.
- Final
Anteriormente a final da Copa Libertadores xogábase a dobre encontro, ida e volta, nos estadios que elixían os propios equipos, que ás veces eran os seus propios, e outras veces eran estadios próximos cunha maior capacidade para acoller ós seareiros. No caso de empate, o campión decidíase nos lanzamentos de penaltis. Dende 2019 xógase a partido único nun estadio neutral escollido pola Conmebol.[4]
Palmarés
É importante sinalar que no caso de producirse un empate nunha final da Copa Libertadores, non se aplica a norma do valor dobre dos goles marcados fóra da casa, como se fai en Europa en competicións como a Liga de Campións da UEFA ou a Copa do Rei. Se se tivese aplicado esa norma, moitos dos campións da Copa Libertadores non o terían sido. Por exemplo, na final da edición 2008 houbo un 4-2 en Quito a prol do LDU Quito e un 3-1 no Río de Xaneiro a prol do Fluminense FC. De terse empregado a "norma do valor dobre dos goles marcados fora da casa en caso de empate", o campión sería o equipo brasileiro, pero a final decidiuse nos penaltis, e o campión foi o equipo de Ecuador. Esta situación tamén sucedeu no ano 2000. Ata 1987 a norma era que se cada equipo gañaba un encontro (polo resultado que fora) había que desempatar a final e no 1987 tivo que xogarse un partido de desempate a pesar de que no primeiro encontro da final o CD América venceu por 2-0 en Cali ó CA Peñarol, e no encontro de volta o CA Peñarol venceu por 2-1. Xa no 1988, houbo unha prórroga despois do segundo xogo final entre Nacional de Montevideo e Newell's Old Boys e o Nacional tivo vantaxe por mellor 'goal average' (3-1 no total da final) e co empate de 0-0 na prórroga gañou a Copa pola terceira vez. Un total de 12 finais tiveron un 3º encontro de desempate, algunhas delas a pesar de non existir empate a goles no global dos 2 primeiros encontros da final.
| |||||||||||||||
Tempadas | CAMPIÓN | Resultados | Subcampión | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2021 | Palmeiras | 2-1 (pro.) | Flamengo | ||||||||||||
2020 | Palmeiras | 1-0 | Santos | ||||||||||||
2019 | Flamengo | 2-1 | River Plate | ||||||||||||
2018 | River Plate | 2-2 e 3-1 | Boca Juniors | ||||||||||||
2017 | Grêmio | 1-0 e 2-1 | Lanús | ||||||||||||
2016 | Atlético Nacional | 1-1 e 1-0 | Independiente del Valle | ||||||||||||
2015 | River Plate | 0-0 e 3-0 | Tigres | ||||||||||||
2014 | San Lorenzo | 1-1 e 1-0 | Nacional | ||||||||||||
2013 | Atlético Mineiro | 0-2 e 2-0 (Pen.) | Olimpia | ||||||||||||
2012 | Corinthians | 1-1 e 2-0 | Boca Juniors | ||||||||||||
2011 | Santos | 0-0 e 2-1 | Peñarol | ||||||||||||
2010 | Internacional | 2-1 e 3-2 | Guadalajara | ||||||||||||
2009 | Estudiantes LP | 0-0 e 2-1 | Cruzeiro | ||||||||||||
2008 | LDU Quito | 4-2 e 1-3 (Pen.) | Fluminense | ||||||||||||
2007 | Boca Juniors | 3-0 e 2-0 | Grêmio | ||||||||||||
2006 | Internacional | 2-1 e 2-2 | São Paulo | ||||||||||||
2005 | São Paulo | 1-1 e 4-0 | Atlético Paranaense | ||||||||||||
2004 | Once Caldas | 0-0 e 1-1 (Pen.) | Boca Juniors | ||||||||||||
2003 | Boca Juniors | 2-0 e 3-1 | Santos | ||||||||||||
2002 | Olimpia | 0-1 e 2-1 (Pen.) | São Caetano | ||||||||||||
2001 | Boca Juniors | 1-0 e 0-1 (Pen.) | Cruz Azul | ||||||||||||
2000 | Boca Juniors | 2-2 e 0-0 (Pen.) | Palmeiras | ||||||||||||
1999 | Palmeiras | 0-1 e 2-1 (Pen.) | Deportivo Cali | ||||||||||||
1998 | Vasco da Gama | 2-0 e 2-1 | Barcelona | ||||||||||||
1997 | Cruzeiro | 0-0 e 1-0 | Sporting Cristal | ||||||||||||
1996 | River Plate | 0-1 e 2-0 | América | ||||||||||||
1995 | Grêmio | 1-1 e 3-1 | Atlético Nacional | ||||||||||||
1994 | Vélez Sársfield | 1-0 e 0-1 (Pen.) | São Paulo | ||||||||||||
1993 | São Paulo | 5-1 e 0-2 | Universidad Católica | ||||||||||||
1992 | São Paulo | 0-1 e 1-0 (Pen.) | Newell's Old Boys | ||||||||||||
1991 | Colo-Colo | 0-0 e 3-0 | Olimpia | ||||||||||||
1990 | Olimpia | 2-0 e 1-1 | Barcelona | ||||||||||||
1989 | Atlético Nacional | 0-2 e 2-0 (Pen.) | Olimpia | ||||||||||||
1988 | Nacional | 0-1 e 3-0 | Newell's Old Boys | ||||||||||||
1987 | Peñarol | 0-2, 2-1 e 1-0 | América | ||||||||||||
1986 | River Plate | 2-1 e 1-0 | América | ||||||||||||
1985 | Argentinos Juniors | 1-1 e 3-1 | América | ||||||||||||
1984 | Independiente | 1-0 e 0-0 | Grêmio | ||||||||||||
1983 | Grêmio | 1-1 e 2-1 | Peñarol | ||||||||||||
1982 | Peñarol | 0-0 e 1-0 | Cobreloa | ||||||||||||
1981 | Flamengo | 2-1, 0-1 e 2-0 | Cobreloa | ||||||||||||
1980 | Nacional | 0-0 e 1-0 | Internacional | ||||||||||||
1979 | Olimpia | 2-0 e 0-0 | Boca Juniors | ||||||||||||
1978 | Boca Juniors | 0-0 e 4-0 | Deportivo Cali | ||||||||||||
1977 | Boca Juniors | 1-0 e 0-1 (Pen.) | Cruzeiro | ||||||||||||
1976 | Cruzeiro | 4-1, 1-2 e 3-2 | River Plate | ||||||||||||
1975 | Independiente | 0-1, 3-1 e 2-0 | Unión Española | ||||||||||||
1974 | Independiente | 1-2, 2-0 e 1-0 | Sao Paulo | ||||||||||||
1973 | Independiente | 1-1, 0-0 e 2-1 | Colo-Colo | ||||||||||||
1972 | Independiente | 0-0 e 2-1 | Universitario | ||||||||||||
1971 | Nacional | 0-1, 1-0 e 2-0 | Estudiantes LP | ||||||||||||
1970 | Estudiantes LP | 1-0 e 0-0 | Peñarol | ||||||||||||
1969 | Estudiantes LP | 1-0 e 2-0 | Nacional | ||||||||||||
1968 | Estudiantes LP | 2-1, 1-3 e 2-0 | Palmeiras | ||||||||||||
1967 | Racing Club | 0-0, 0-0 e 2-1 | Nacional | ||||||||||||
1966 | Peñarol | 2-0, 2-3 e 4-2 | River Plate | ||||||||||||
1965 | Independiente | 1-0, 1-3 e 4-1 | Peñarol | ||||||||||||
1964 | Independiente | 0-0 e 1-0 | Nacional | ||||||||||||
1963 | Santos | 3-2 e 2-1 | Boca Juniors | ||||||||||||
1962 | Santos | 2-1 2-3 e 3-0 | Peñarol | ||||||||||||
1961 | Peñarol | 1-0 e 1-1 | Palmeiras | ||||||||||||
1960 | Peñarol | 1-0 e 1-1 | Olimpia |
Títulos por club
Equipo | Títulos | Subcampionatos | Anos campión | Anos subcampión |
---|---|---|---|---|
Independiente | 7 | - | 1964, 1965, 1972, 1973, 1974, 1975, 1984 | |
Boca Juniors | 6 | 5 | 1977, 1978, 2000, 2001, 2003, 2007 | 1963, 1979, 2004, 2012, 2018 |
Peñarol | 5 | 5 | 1960, 1961, 1966, 1982, 1987 | 1962, 1965, 1970, 1983, 2011 |
River Plate | 4 | 3 | 1986, 1996, 2015, 2018 | 1966, 1976, 2019 |
Estudiantes | 4 | 1 | 1968, 1969, 1970, 2009 | 1971 |
Olimpia | 3 | 4 | 1979, 1990, 2002 | 1960, 1989, 1991, 2013 |
Nacional | 3 | 3 | 1971, 1980, 1988 | 1964, 1967, 1969 |
São Paulo | 3 | 3 | 1992, 1993, 2005 | 1974, 1994, 2006 |
Palmeiras | 3 | 3 | 1999, 2020, 2021 | 1961, 1968, 2000 |
Santos | 3 | 2 | 1962, 1963, 2011 | 2003, 2020 |
Grêmio | 3 | 2 | 1983, 1995, 2017 | 1984, 2007 |
Cruzeiro | 2 | 2 | 1976, 1997 | 1977, 2009 |
Internacional | 2 | 1 | 2006, 2010 | 1980 |
Atlético Nacional | 2 | 1 | 1989, 2016 | 1995 |
Flamengo | 2 | 1 | 1981, 2019 | 2021 |
Colo-Colo | 1 | 1 | 1991 | 1973 |
Racing Club | 1 | - | 1967 | |
Argentinos Juniors | 1 | - | 1985 | |
Vélez Sarsfield | 1 | - | 1994 | |
Vasco da Gama | 1 | - | 1998 | |
Once Caldas | 1 | - | 2004 | |
Liga de Quito | 1 | - | 2008 | |
Corinthians | 1 | - | 2012 | |
Atlético Mineiro | 1 | - | 2013 | |
San Lorenzo | 1 | - | 2014 | |
América de Cali | - | 4 | 1985, 1986, 1987, 1996 | |
Cobreloa | - | 2 | 1981, 1982 | |
Newell's Old Boys | - | 2 | 1988, 1992 | |
Barcelona | - | 2 | 1990, 1998 | |
Deportivo Cali | - | 2 | 1978, 1999 | |
Universitario | - | 1 | 1972 | |
Unión Española | - | 1 | 1975 | |
Universidad Católica | - | 1 | 1993 | |
Sporting Cristal | - | 1 | 1997 | |
Cruz Azul | - | 1 | 2001 | |
São Caetano | - | 1 | 2002 | |
Athletico Paranaense | - | 1 | 2005 | |
Fluminense | - | 1 | 2008 | |
Guadalajara | - | 1 | 2010 | |
Nacional | - | 1 | 2014 | |
Tigres | - | 1 | 2015 | |
Independiente del Valle | - | 1 | 2016 | |
Lanús | - | 1 | 2017 |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.