club deportivo de Avellaneda, na Arxentina From Wikipedia, the free encyclopedia
O Racing Club, tamén coñecido como Racing de Avellaneda, é unha entidade polideportiva arxentina da cidade de Avellaneda, fundada o 25 de marzo de 1903, cuxa principal actividade é o fútbol profesional. Ó longo da súa historia ten sido o primeiro club arxentino en acadar 3 campionatos nacionais seguidos, o segundo en acadar a Copa Libertadores e o primeiro en acadar a Copa Intercontinental. No seu palmarés ten 17 ligas, 9 delas da época de afeccionados (anterior a 1931), época na que gañou o alcume de La Academia.
Racing Club | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Racing Club | |||
Alcume(s) | La Academia El primer grande | |||
Fundación | 25 de marzo de 1903 (121 anos) | |||
Estadio | Presidente Perón El Cilindro | |||
Inauguración | 3 de setembro de 1950 | |||
Capacidade | 51.389 | |||
Presidente | Víctor Blanco | |||
Adestrador | Gustavo Costas | |||
Liga | Primeira División | |||
2023 | 12º | |||
Na rede | ||||
https://www.racingclub.com.ar/ | ||||
| ||||
O equipo xoga os seus encontros como local no Estadio Presidente Juan Domingo Perón, da súa propiedade, que ten capacidade para acoller a 51.389 seareiros. O máximo rival do Racing Club é o seu veciño Club Atlético Independiente, co cal disputa o chamado Clásico de Avellaneda.
O seu presidente dende 2013 é o galego Víctor Blanco.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.