Constancia
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Constancia[1] (en romanés: Constanța, pronunciado /konˈstan.ʦa/), é unha cidade de Romanía, a máis grande do condado homónimo e a capital do distrito homónimo. Antigamente chamada Kustendje ou Tomis, acolle o porto máis grande do país, no mar Negro.
Constanța (ro) | |||||
Epónimo | Flávia Júlia Constância (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Romanía | ||||
Județ | Condado de Constanța | ||||
Capital de | |||||
Capital | Constanța (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 263.707 (2021) (2.111,51 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 124,89 km² | ||||
Altitude | 25 m | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Vergil Chițac (en) (2020–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 900003–900746 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 241 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | primaria-constanta.ro | ||||
Nas inmediacións hai mananciais minerais. O mar atrae a moitos visitantes no verán. Mamaia é unha praia pechada inmediatamente polo norte.
As numerosas inscripciones atopadas na cidade e a súa veciñanza mostran que Constancia atópase onde estaba situada a cidade de Tomis.
Tomis (tamén chamada Tomi) foi unha colonia grega na provincia de Escitia a beiras do mar Negro, fundada ao redor do 500 a. C. polos intercambios comerciais coas poboacións de dacios e xétas locais. Probablemente o nome deriva do grego antigo Τόμη que significa corte, sección. Segundo a Biblioteca mitolóxica de Apolodoro foi fundada por Eetes:
Biblioteca mitolóxica I, ix, 24
Segundo Jordanes (e despois Casiodoro), a fundadora da cidade foi unha raíña masaxeta:[2]
Trala súa vitoria contra Ciro o Grande e habendo gañado moitos botíns aos seus inimigos, a raíña Tomiris cruzou a Moesia a cal é chamada actualmente Escitia Menor -nome prestado da Gran Escitia-, e construíu na beira moésea do mar Negro a cidade de Tomi, chamada así por ela mesma.
No 29 a.C. os romanos se anexionaron a zona desde a rexión dos odrisios ata máis aló do Danubio, baixo o nome de Limes Scythicus. No ano 8, o poeta romano Ovidio (43 a.C.-17) foi desterrado aquí por Augusto, morreu aquí oito anos máis tarde, e encomiou a cidade de Tomis nos seus poemas. Hai unha estatua de Ovidio na praza de Ovidio (Piața Ovidiu) de Constancia, en fronte do Museo de Historia (o antigo concello). A cidade foi despois incluída na provincia de Moesia e, desde a época de Diocleciano, en Escitia Menor, da cal foi a metrópole. Trala división do Imperio romano, Tomis caeu baixo o domino do Imperio bizantino.
Tomis foi posteriormente renomeada como Constantiana en honor de Constantia, a medio irmá de Constantino o Grande (274-337). A primeira vez que se usou o nome de Κωνστάντια («Constantia») foi en 950. A cidade estendíase cara ao mar ata a muralla de Traxano, e foi circunvalada con fortificacións. Sucesivamente formou parte do Imperio búlgaro, o principado independente de Dobrotitsa (Dobrotici) e de Valaquia baixo Mircea o Vello; Constancia caeu baixo o dominio dos otománs sobre 1419.
Unha vía férrea de Constancia a Cernavodă foi aberta en 1860. Un impresionante edificio público (orixinariamente foi un edificio portuario), foi escavado, e contén substanciais restos dun dos máis longos pavimentos de mosaico do mundo. En 1878, trala guerra de Independencia romanesa, Constancia e o resto de Dobruja Setentrional foi cedida polo Imperio Otomán á Romanía. A cidade converteuse no principal porto marítimo do novo país e punto de tránsito para moitas das exportacións romanesas. En outubro de 1916, durante a primeira guerra mundial Constancia foi ocupada polas Potencias Centrais (tropas alemás, turcas e búlgaras). Segundo o tratado de Bucarest de maio de 1918, artigo 10.b (tratado que nunca foi ratificado pola Romanía), Constancia quedaba baixo o control das Potencias Centrais. A cidade foi liberada polas tropas aliadas en 1918 logo dunha triunfal ofensiva na fronte de Tesalónica que deixou a Bulgaria fóra da guerra.
Aínda que a poboación de Constancia estea constituída principalmente por romaneses, existe unha importante diversidade étnica e tamén existen grupos minoritarios como os turcos, tártaros, gregos, armenios, alemáns, arumanos.
Segundo o censo de 2002, a poboación da Cidade de Constancia (o municipio) era de 310.471. A área urbana en torno a Constancia, porén, inclúe Năvodari (cunha poboación de 32.400), Ovidiu (cunhna poboación de 13.134) e Basarabi (cunha poboación de 10.857) e os municipios de Cumpăna (cunha poboación de 12.532), Lumina (cunha poboación de 7.858 en 2004), Valu lui Traian (cunha poboación de 8.824) e Agigea (cunha poboación de 5.482), incrementándose o total da poboación da súa área urbana a 401.613.
Etnicidade | 1853[3] | 2002[4] | 2011 [5] |
---|---|---|---|
Total | 5.204 | 310.471 | 254,693 |
Romaneses | 279 (5.4%) | 286.332 (92.2%) | 230,969 (90.68%) |
Tártaros | 1,853 (35.6%) | 8.724 (2.8%) | 7,379 (2.9%) |
Gregos | 1.542 (29.6%) | 546 (0.17%) | N/A |
Turcos | 104 (2.0%) | 9.018 (2.9%) | 6,693 (2.6%) |
Búlgaros | 342 (6.5%) | 48 (0.01%) | N/A |
Xudeus | 344 (6.6%) | 44 (0.01%) | N/A |
Xitanos | 127 (2.4%) | 2.962 (0.95%) | 2,108 (0.83%) |
A inauguración, en 1895, do ferrocarril a Bucarest, o cal cruza o Danubio por unha ponte en Cernavodă, conduciu a Constancia a un considerable tránsito comercial de gran e petróleo, en gran parte exportados; carbón e coque encabezan a lista das importacións, seguidas de maquinaria, ferro, e tecidos de algodón e la.
A autovía A2, que une Constancia con Bucarest está case completada, actualmente, vai desde Bucarest ata Fetești e está planeado inaugurar o tramo ata Constancia proximamente.
O porto da cidade, cun faro na entrada, está ben protexido fronte aos ventos do norte, pero algúns desde o sur, sueste e suroeste provocan ás veces serios perigos. A escuadra da frota romanesa do mar Negro está estacionada aquí. Unha longa canle conecta o mar Negro, en Constancia co Danubio.
O sistema de transporte público de Constancia lévao Regia Autonomă de Transport în Común Constanța (RATC), e consta de 17 liñas de autobús, 2 liñas de tranvía e 2 liñas de trolebús. Nos anos 2000, a cidade trouxo 130 novos autobuses MAZ, para volver a empregar os envellecidos autobuses DAC. O 90% dos autobuses da frota son actualmente novos, e polo xeral están pintados en cores brillantes, como rosa, amarelo e verde.
Constancia está irmandada coas seguintes cidades:[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.