O décimo sétimo concilio ecuménico da Igrexa católica comezou en Basilea o . Trasladado por Uxío IV a Ferrara en 1437 após a Florencia en 1439, terminose en Roma en 1441.
Basilea
O concilio de Constanza (1414-1418) resolveu a crise do Gran Cisma de Occidente. O seu decreto Frequens do institución permanente da Igrexa, polo que se debía reunir periodicamente e tiña a función de controlar o papado[1]. O concilio de Pavia-Siena, aberto en 1423, revelouse infrutuoso e disolveuse axiña a primeiros do ano seguinte. O asunto da reforma volveuse enviar ao concilio xeral que se debía realizar sete anos despois, e para o cal o papa Martiño V designou a cidade de Basilea[2].
A apertura do concilio de Basilea preveuse para o ; Martiño V morrera pouco antes, Gabriele Condulmer foi elixido papa ese mesmo día e adoptou o nome de Uxío IV. Giuliano Cesarini, cardeal de Sant'Angelo e legado en Alemaña tivo que presidir o concilio, mais ningún prelado arribara aínda a Basilea e o concilio abriuno Xoán de Palomar, capelán do papa, e Xoán de Ragusa, procurador xeral dos dominicanos, delegados polo cardeal Cesarini o 23 de xullo[3].
Primeiro conflito co papa
O 14 de decembro o concilio declarouse superior ao papa e confirmou o decreto Frequens emitido en Constanza[4]. O 18 de decembro, Uxío IV, so pretexto dunha escasa participación, disolveu o concilio de Basilea e transferíuno a Boloña, mais co apoio do emperador Sexismundo I, as sesións continuaron[3].
O , os padres conciliares esixiron ao papa que revogase a bula de disolución, so ameaza de proceder «segundo o dereito divino e humano, polo ben da Igrexa». O concilio abriu un proceso contra o papa o 6 de setembro seguinte[5]. O 13 de xullo de 1433 o concilio retirou ao papa o dereito de conferir es altas dignidades eclesiásticas e deulle sesenta días para retractarse[6]. O 29 de xullo, o papa declarou nulo e improcedente canto decidese o concilio en contra del[7].
O , Uxío IV debeu recoñecer a nulidade da súa decisión e a lexitimidade do concilio mediante a bula Dudum Sacrum[8]. O o concilio reafirmou solemnemente a súa superioridade respecto do papa[9].
Os Compacta: acordo cos husitas moderados
En Bohemia, a nova cruzada contra os husitas convocada polo papa Martiño V estalou en agosto de 1431[10]. O concilio de Basilea mostrouse pronto a negociar o 15 de outubro, o que deu á curia romana un motivo de oposición contra o concilio, que volvera a revisar a condena dos husitas en Constanza.
O a delegación husita chegou a Basilea e o 16 introduciu a discusión sobre a Declaración dos Catro Artigos. As negociacións non deron resultado e decidiuse proseguilas en Praga. Os utraquistas e os máis moderados dos taboritas reformularon os Catro Artigos que os limitaran só á comuñón das dúas especies. O 30 de novembro, unha delegación do concilio asinou en Praga uns Compacta (acordos) negociados coa delegación husita (predicación libre, utraquismo, corrección pública dos pecados, aceptación das secularizacións xa efectuadas)[8]. Os husitas moderados ratificaron os Compacta na dieta de Praga o 2 de xaneiro de 1434. Os máis extremistas, os taboritas, rexeitaron os acordos, mais foron batidos por un exército de baróns e de praguenses (moderados) o 6 de maio e finalmente foron esmagados na batalla de Lipany o 30 de maio. O seu líder, Procopio Holy, morreu nela. O concilio non recoñeceu os Compacta ata 1435[11], mentres que o papa refusou ratificalos.
O cisma e a crise conciliar
As catorce primeiras sesións do concilio de Basilea desenvolvéronse do 15 de febreiro de 1432 ao 14 de novembro de 1433. A partir da sesión dezaseis (), após a reconciliación co papa, o concilio deveu verdadeiramente canónico. Mais a partir da sesión trinta e sete, do o concilio deveu cismático.
O , o papa Uxío IV, argüíndo a necesidade de ter un concilio de unión cos ortodoxos, transferiu o concilio de Basilea a Ferrara. Só quedaron en Basilea os extremistas, que suspenderon Uxío IV e designaron como novo papa o conde de Savoia, Amadeo VIII[8]. Foi entronizado o na catedral de Lausana co nome de Fiz V[12]. Os padres conciliares de Basilea separáronse na sesión 45, o , prevendo a celebración dun novo concilio xeral en Lión tres anos despois[3].
O núcleo duro dos prelados cismáticos quedou en Basilea. O antipapa non recrutou máis que uns poucos adherentes ademais dos seus propios estados hereditarios (os de Savoia), dos de Afonso V de Aragón, da Confederación Suíza e de certas universidades. Alemaña ficou neutral, Carlos VII de Francia limitouse a asegurar para o seu reino un gran número de reformas decretadas en Basilea pola Pragmática Sanción de Bourges do . Inglaterra e Italia ficaron fieis a Uxío IV. En 1447, o emperador Frederico III, após negociacións con Uxío, ordenou ao burgomestre de Basilea non librar salvocondutos para os padres conciliares na cidade imperial. Asinou coa Santa Sé o concordato xermánico o , na dieta de Aschaffembourg. A Convención restituíu ao papa todos os dereitos que lle retirara o concilio de Basilea e provocou a indignación dos clérigos alemáns que se creron privados das súas liberdades tradicionais[13].
O , os padres conciliares deixaron Basilea rumbo a Lausana. O antipapa, ante a insistencia de Francia, acabou por abdicar o . Na súa segunda sesión, o 16 de abril, o concilio de Lausana levantou todas as sentenzas pronunciadas polo concilio de Basilea contra os que sostiveron Uxío IV. Como el morreu o , os padres conciliares recoñeceron o seu sucesor Nicolao V a cambio de que ratificase todos os decretos de Basilea e de Lausana (bula do . O concilio de Lausana reuniuse por derradeira vez o 25 de abril[14].
Ferrara-Florencia
O abriuse o concilio de Ferrara, oposto ao de Basilea[15]. Declarou nulas todas as decisións tomadas polo Concilio de Basilea. Este supendera o papa e tomara nas súas mans o goberno da Igrexa o 24 de xaneiro. Uxío IV excomungou os padres do Concilio de Basilea o 15 de febreiro. Estes replicaron o e declararon herético Uxío IV e depuxérono[16].
A Unión das Igrexas
Unha das razóns do traslado a Ferrara foi unha petición dos orientais: A Igrexa oriental, que buscaba apoio para afrontar a ameaza turca, aceptou participar nun concilio ecuménico -non participara nas sesións do Concilio de Basilea- sempre que se situase á beira do Mar Adriático, a fin de que, en caso de ataque turco, os orientais puidesen rapidamente regresar ao seu país. Nicolao de Cusa foi enviado nunha misión para Constantinopla a fin de convencer os gregos a participar do Concilio.
O 27 de novembro de 1437 a delegación grega enviada ao Concilio de Ferrara e conducida polo basileos (emperador) Xoán VIII Paleólogo partiu de Constantinopla para Venecia. O emperador foi acompañado por vinte e un metropolitas e bispos, o patriarca de Constantinopla Xosé II, un conxunto de archimandritas e ata preto de setecentos membros do clero. Marcos, metropolita de Éfeso, Isidoro, metropolita de Kíiv, Basilio Besarión, metropolita de Nicea e Andrés, arcebispo de Rodas, son as personalidades máis coñecidas.
Chegaron a Venecia en febreiro e a Ferrara en marzo. Besarión foi designado, xunto co metroplita de Efeso Marcos Eugenikós, para defender a posición da Igrexa grega. Pronunciou o discurso o 8 de outubro de 1438. Se, ao principio, persistiu en condenar que a Igrexa latina engadira o Filioque no credo niceno, a súa posición evolucionou ante os argumentos do dominicano Xoán de Montenero, e finalmente suplicou pola reconciliación das Igrexas perante a delegación grega en abril de 1439[17]. O metropolita Marcos de Éfeso, pola súa banda, desaprobou a reconciliación católica-ortodoxa. Malia as presións do basileos Xoán Paleologo, foi o único bispo que non asinou o texto (Laetentur coeli) do Concilio[18].
Na sesión dezaseis, o 10 de xaneiro de 1439, o papa propuxo aos gregos trasladar o Concilio a Florencia, pois en Ferrara declárarase a peste. O Concilio recomezou en Florencia día 16[3].
O patriarca Xosé II, que tiña preto de oitenta anos e estaba doente, morreu o . A súa desaparición causa unha grande axitación entre os participantes do Concilio, pois era un « fervente partidario da unión entre as Igrexas ».
O , a bula Laetentur coeli, foi asinada por latinos e bizantinos[19]. O texto grego tivo trita e tres asinantes[20] entre eles o emperador Xoán VIII Paleólogo, o futuro patriarca de Constantinopla, Xurxo Escolario, Basilio Besarión, Isidoro de Kíiv. Con todo, exercéronse presións sobre a delegación grega e o bispo Antonio de Heracléa declararía após o concilio que «fixe mal asinando a unión», mais que fora forzado[21].
O , Besarión, metropolita de Nicea, liu a versión grega do decreto de Unión das Igrexas en Santa Maria del Fiore. A versión latina líuna o cardeal Giuliano Cesarini[17]. Porén, a maioría dos eclesiásticos gregos, situados nun lado do altar durante a solemne misa celebrada perante todo o Concilio, refusaron comungar[22].
A delegación grega embarcouse en Venecia o . O metropolita de Kíiv, Isidoro, adheriu á unión das Igrexas en nome da Igrexa rusa. De volta en Moscova en 1441 fracasou en impór a Unión. O príncipe Basilio II fíxono encerrar nun mosteiro e liberou a Igrexa rusa da tutela dos bizantinos[23]. Pola súa banda, Xoán VIII Paleólogo e Besarión, ante a oposición popular mobilizada por Marcos de Éfeso, fracasou en impór a unión en Constantinopla. A masa do pobo bizantino estivo en contra da Unión das Igrexas e a súa proclamación en Constantinopla debeuse adiar ata o .
Os emisarios de Gregorio IX Musabēkeanc, catholicós da Igrexa apostólica armenia cuxa sé estaba en Sis (actual Kozán) en Cilicia aceptaron igualmente a reunficación coa Igrexa romana polo decreto «Exsultate Deo» do 22 de novembro de 1439.
O asinouse o decreto Cantate Domino de reunificacion entre Roma e a Igrexa xacobita de Alexandría e de Xerusalén[24].
O , o Concilio trasládase de Florencia a Roma. Realizanse dúas sesións durante as cales publícanse decretos sobre a reunificación dos xacobitas de Siria (Decreto Multa et admirabilia do 30 de setembro de 1444), dos caldeos e dos maronitas (Decreto Benedictus do 7 de agosto de 1445)[24].
De 1439 a 1441, os relixiosos etíopes de Xerusalén participaron do Concilio de Florencia[25].
Notas e referencias
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.