Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A coencima Q-citocromo c redutase, tamén chamada ubiquinol-citocromo c redutase, complexo do citocromo bc1 ou Complexo III respiratorio (número EC 1.10.2.2, ver máis nomes máis abaixo) é o complexo encimático que forma o terceiro complexo da cadea de transporte de electróns respiratoria, que é fundamental para que funcione o transporte de electróns que posibilita a xeración posterior de ATP (molécula que almacena enerxía) durante a fosforilación oxidativa. O complexo consta de moitas subunidades proteicas transmembrana. O Complexo III está presente na mitocondria de todos os animais e todos os eucariotas aeróbicos e na membrana plasmática da maioría das eubacterias. As mutacións no Complexo III causan intolerancia ao exercicio e trastornos multisistema. O complexo do bc1 consta de 11 subunidades, 3 subunidades respiratorias (citocromo b, citocromo c1, proteína de Rieske), 2 proteínas do core e 6 proteínas de baixo peso molecular.
Coencima Q-citocromo c redutase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutura cristalina do complexo do citocromo bc1 mitocondrial unido á ubiquinona.[1] | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | UCR_TM | ||||||||
Pfam | PF02921 | ||||||||
InterPro | IPR004192 | ||||||||
SCOPe | 1be3 / SUPFAM | ||||||||
TCDB | 3.D.3 | ||||||||
OPM superfamily | 345 | ||||||||
OPM protein | 3cx5 | ||||||||
|
ubiquinol—citocromo-c redutase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Número EC | 1.10.2.2 | ||||||||
Número CAS | 9027-03-6 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
A ubiquinol—citocromo c redutase cataliza a seguinte reacción química:
Os dous substratos deste encima son a dihidroquinona (QH2) e o ferri- (Fe3+) citocromo c, e os seus tres produtos son: quinona (Q), ferro- (Fe2+) citocromo c, e H+.
Este encima pertence á familia das oxidorredutases, concretamente ás que actúan sobre os difenois e substrancias relacionadas como doantes cun citocromo como aceptor. Este encima forma parte da cadea de transporte electrónico, polo que participa na fosforilación oxidativa. Ten catro cofactores, que son: citocromo c1, citocromo b-562, citocromo b-566 e unha ferredoxina con dous átomos de ferro.
O nome sistemático desta clase de encimas é ubiquinol:ferricitocromo-c oxidorredutase. Entre os outros nomes que se lle teñen dado están:
|
|
O Complexo III é un complexo proteico de moitas subunidades codificadas tanto no xenoma mitocondrial (caso do seu compoñente o citocromo b) coma no xenoma nuclear (o resto das subunidades). Os xenes humanos que as codifican son:
MTCYB: citocromo b codificado no ADNmt; mutacións asociadas coa intolerancia ao exercicio
CYC1: citocromo c1
CYCS: citocromo c
UQCRFS1: proteína ferro-sulfurada de Rieske
UQCRB: proteína de unión á ubiquinona, mutación ligada coa deficiencia do Complexo III mitocondrial tipo nuclear 3
UQCRH: proteína bisagra
UQCRC2: Core 2 (proteína central 2), mutacións ligadas coa deficiencia do Complexo III mitocondrial, tipo nucler 5
UQCRC1: Core 1
UQCR: subunidade de 6,4KD
UQCR10: subunidade de 7,2KD
TTC19: nova subunidade identificada; mutacións ligadas coa deficiencia do Complexo III, tipo nuclear 2.
Comparado con outras subunidades que bombean protóns da cadea de transporte de electróns, o número de subunidades encontradas pode ser nalgunhas especies pequeno, de tan só tres cadeas de polipéptidos, pero este número aumenta nos animais superiores, nos que se encontran 11 subunidades.[2] Tres das subunidades teñen grupos prostéticos. A subunidade do citocromo b ten dous hemos B (bL e bH), a subunidade do citocromo c ten un hemo C (c1), e a subunidade da proteína ferro-sulfurada de Rieske (ISP) ten un cluster de ferro-xofre con dous átomos de ferro e dous de xofre (2Fe•2S).
Cataliza a redución de citocromo c por oxidación do coencima Q (CoQ) e o bombeo simultáneo de 4 protóns desde a matriz mitocondrial ao espazo intermembrana:
No proceso chamado ciclo Q,[3][4] consómense dous protóns da matriz, libéranse catro protóns ao espazo intermembrana, e pasan dous electróns ao citocromo c.
O mecanismo de reacción do Complexo III (citocromo bc1, coencima Q-citocromo C redutase) coñécese como o ciclo da ubiquinona ou ciclo Q. Neste ciclo son liberados catro protóns no lado "P" positivo (espazo intermembrana), pero só se captan dous protóns desde o lado "N" negativo (matriz). Como resultado créase un gradiente de protóns a través da membrana. Na reacción global, oxídanse dúas moléculas de ubiquinol a ubiquinona e redúcese unha ubiquinona a ubiquinol. No mecanismo completo, transfírense dous electróns desde o ubiquinol á ubiquinona, por medio de dous intermediatos citocromo c.
Reacción global:
A reacción precede seguindo as seguintes etapas:
Rolda 1:
Rolda 2:
Hai tres grupos distintos de inhibidores do Complexo III.
Algúns inhibidores foron comercializados como funxicidas (os derivados da estrobilurina, o máis coñecido dos cales é a azoxistrobina; inhibidores QoI) e como axentes antimaláricos (atovaquone).
Ademais, a propilhexedrina inhibe a citocromo c redutase.[6]
Unha pequena fracción dos electróns saen da cadea de transporte de electróns antes de chegaren ao complexo IV. Unha fuga prematura de electróns cara ao oxíxeno dá lugar á formación de superóxidos. A relevancia desta reacción colateral menor é que o superóxido e outras especies reactivas do oxíxeno son moi tóxicas e crese que xogan un papel en varias patoloxías, e no envellecemento (teoría do envellecemento por radicais libres).[7] A fuga de electróns ocorre principalmente no sitio Qo e é estimulada pola antimicina A. A antimicina A pecha os hemos B no seu estado reducido ao impedir a súa reoxidación no sitio Qi, o cal, á súa vez, causa que aumenten as concentracións no estado estable de semiquinona Qo, e esta última reacciona co oxíxeno para formar superóxido. O efecto dos altos potenciais de membrana pénsase que son similares.[8] O superóxido producido no sitio Qo pode ser liberado na matriz mitocondrial[9][10] e no espazo intermembrana (desde onde pode pasar ao citosol).[9][11] Isto pode explicarse polo feito de que o Complexo III podería producir superóxido como HOO• permeable nas membranas en vez de O2-. para o cal as membranas son impermeable.[10]
As mutacións nos xenes relacionados co Complexo III maniféstanse tipicamente como unha intolerancia ao exercicio.[12][13] Outras mutacións nestes xenes causan displasia septo-óptica[14] e trastornos multisistema.[15] Porén, as mutacións en BCS1L, un xene responsable da correcta maduración do Complexo III, poden orixinar a síndrome de Björnstad e a síndrome GRACILE, as cales en neonatos son condicións mortais que teñen manifestacións multisistema e neurolóxicas que tipifican trastornos mitocondriais graves. A patoxenicidade de varias mutacións foi verificada en sistemas modelo como os lévedos.[16]
No se coñece o grao en que estas diversas patoloxías son debidas a déficit bioenerxético ou a sobreprodución de superóxido.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.