Coliseum da Coruña
recinto multiúsos destinado a espectáculos na cidade da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
recinto multiúsos destinado a espectáculos na cidade da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
O Coliseum da Coruña é un recinto multiúsos destinado a espectáculos, xestionado polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), situado no acceso principal á Coruña dende a autoestrada AP-9 e a autovía A-6. Foi deseñado polos enxeñeiros de camiños Jesús Ortiz Herrera, Juan A. Domínguez, María Jesús Izquierdo e Julio Martínez Calzón máis os arquitectos Salvador Pérez Arroyo[1], Javier García Alba; Fernando Río Durán e Berta Rodríguez Rodríguez.[2] Inaugurouse o 19 de maio de 1991, o 6 de xuño dese mesmo ano tivo lugar o primeiro concerto, do músico Sting.[3]
Coliseum da Coruña | |
---|---|
Vista frontal cos despachos de billetes. | |
Datos | |
Coordenadas | 43°20′19″N 8°24′34″O |
Localización | A Coruña, Galiza |
Construción | |
Inauguración | 19 de maio de 1991 |
Arquitecto | VV. AA. |
Estadio | |
Capacidade | 10.000 espectadores |
Eventos | |
I Fase da Euroliga 1991-1992 de baloncesto Copa do Rei 2016 de baloncesto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O recinto acolle varios tipos de eventos, dende espectáculos musicais, eventos deportivos, eventos de lecer (como patinaxe sobre xeo), grandes asembleas e feiras sectoriais, e durante unha época, cada mes de agosto, converteuse tamén en praza de touros, hoxe canceladas.
A base do edificio é circular, ten unha arena duns 1.900 m² que se emprega como cancha deportiva, auditorio para macroconcertos, feiras de mostras, ou, noutrora, coma praza de touros. A capacidade do Coliseum para concertos é de 11.000 persoas, e de 8.000 cando se empregaba para touradas.
Durante máis de vinte anos na Coruña celebrouse unha feira taurina que habitualmente tiña lugar no mes de agosto coincidindo coas festas de María Pita, e que adoitaba estar composta por 3 festexos, un o venres, un o sábado e outro o domingo. O uso taurino deste recinto resucitou as corridas de touros na cidade da Coruña, unha cidade que hai anos tivo outra praza de touros e na que dende o 7 de outubro de 1967 non se celebraban festexos taurinos.
A primeira corrida de touros que se celebrou no "Coliseum" foi o 12 de agosto de 1991. Nesa data actuaron Luis Francisco Esplá, Morenito de Maracay e Víctor Méndez. Camilo José Cela conservaba a cabeza do primeiro touro ó que se lle cortou unha orella neste recinto.
Para a práctica taurina, o recinto dispuña de tódalas dependencias que ten calquera praza de touros, cunha arena de 45 metros de diámetro, enfermería, capela etc.
No ano 2010 actuaron figuras tan salientables como Enrique Ponce, El Fandi ou Jesulín de Ubrique. En 2014 a feira tivo lugar en outubro, coincidindo coas festas do Rosario.[16][17]
Existiu na cidade bastante polémica os últimos anos polas celebracións destes festexos que xa caeran en desuso e pola teima do concello en recuperar e subvencionar a feira con diñeiro público para a manter viva. Diversas asociacións coma Galicia mellor sen touradas intentaron acabar coa feira na cidade[18]. Finalmente, en xullo de 2015 o concello suspendeu a feira.[19][20]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.