Remove ads
actividade recreativa ou deportiva sobre patíns From Wikipedia, the free encyclopedia
A patinaxe é unha actividade recreativa e deportiva consistente en deslizarse sobre unha superficie regular mediante uns patíns colocados nos pés. Como deporte pódese dividir, atendendo á superficie utilizada para patinar, en dúas grandes categorías:
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2019.) |
Lévase a cabo sobre unha superficie de xeo, ben sexa natural ou artificial. No caso da superficie artificial, utilízanse recintos pechados chamados pavillóns ou palacios de xeo que poden contar con bancadas para acoller competicións deportivas das diversas especialidades de patinaxe sobre xeo.
Nos últimos tempos estanse popularizando as chamadas pistas de "xeo sintético" (que consiste nunha superficie de polietileno que permite patinar con patíns de coitelas, independentemente do clima ou da época do ano). Non é o mesmo, pero parécese moito.
Practícase sobre superficies distintas do xeo, polo xeral de asfalto, formigón, terrazo ou parqué que, á súa vez, pode ter unha capa de rodadura en material plástico (poliuretano, resina sintética etc.). O deporte da patinaxe sobre rodas pódese desenvolver en lugares específicos, como pistas ou circuítos; ou ben en lugares non específicos habilitados para a ocasión (como acontece nas rúas ou estradas nas probas de larga distancia).
Os patíns de rodas poden ser de dos tipos: o clásico, coñecido tamén como quad, que ten catro rodas colocadas por parellas en dous eixes;e o patín en liña, que ten unha disposición similar a dos patíns de xeo; substituíndo a coitela por unha prancha que sostén un número variable de rodas (entre tres e cinco) situadas unha a continuación doutra. Estas rodas teñen un diámetro variable entre 76 e 100 milímetros, e pode darse o caso de pranchas deseñadas para aloxar rodas de varios tamaños. A comezos do ano 2000 utilizouse unha variante dos patíns clap que actualmente están en desuso.
Patinaxe sobre xeo
Patinaxe sobre rodas
O Skate ou skateboarding é unha modalidade de patinaxe inventada en California (Estados Unidos) e que consiste en deslizarse en riba dun monopatín (tamén coñecido como skateboard ou skate) sobre calquera superficie que se encontre pola rúa pola cal sexa posíbel facelo, ou tamén sobre pistas especialmente deseñadas para facelo, os skateparks ou pistas de skate.
As persoas que practican este deporte son chamadas skaters e os obxectivos desta práctica son variados: o simple lecer, a arte e beleza plástica, a profesional, ou simplemente como medio de transporte. Nas interpretacións do skate como actividade recreativa, artística e profesional, o obxectivo non é outro que o de procurar a beleza no manexo do monopatín executando manobras de diferente grao de dificultade. O seu carácter en principio non competitivo fai que sexa catalogado moitas veces como deporte libre.
O skate é unha práctica sobre todo urbana, razón pola cal se relacionou moi estreitamente coa cultura de rúa e urbana e, dado que os seus practicantes adoitan ser de idade moi nova, coa cultura xuvenil. É especialmente intensa a relación co mundo do punk, chegándose mesmo a desenvolver o denominado skate punk. Segundo un informe da American Sports, en 2002 existían 18,5 millóns de skaters, dos cales o 85% eran menores de 18 anos e o 74% de xénero masculino.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.