From Wikipedia, the free encyclopedia
Code Lyoko (en galego Código Lyoko) é un videoxogo de acción e de rol baseado na serie animada francesa Código Lyoko, sendo o primeiro videoxogo baseado na devandita serie. O xogo foi desenvolvido por DC Studios e distribuído por The Game Factory para Nintendo DS, chegando ao mercado en maio do 2007 en Estados Unidos, en xuño do 2007 en Australia e en novembro do mesmo ano en Europa.
Code Lyoko | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | DC Studios |
Distribuidora(s) | The Game Factory |
Lanzamento | América do Norte: 15 de maio de 2007 Australia: 14 de xuño de 2007 Europa: 16 de novembro de 2007 |
Xénero | Acción e rol |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | Nintendo DS |
Serie | Code Lyoko |
[ editar datos en Wikidata ] |
O xogo, do mesmo xeito que a serie, segue as aventuras de catro estudantes que descobren a existencia dun universo paralelo misterioso chamado Lyoko. Os catro, Jeremie, Odd, Ulrich e Yumi, descobren que tanto a Terra como Lyoko están ameazados por un virus múltiple chamado XANA, o cal infectou ao supercomputador que o controla todo. Os mozos deberán compaxinar a súa vida normal de estudantes coa misión de converterse en heroes.
O xogo Código Lyoko móvese entre o mundo real, en 2D, e o universo de Lyoko, en 3D. O xogo contén 15 episodios baseados na 1ª, 2ª e 3ª tempada da serie de debuxos. Á hora de loitar, utiliza un amplo rango de habilidades: disparar, loitar, resolución de crebacabezas e exploración aínda que, sorprendentemente, non hai capacidade de salto, unha habilidade case imprescindible na serie.
A crítica apreciou a fidelidade do xogo á serie,[1] mais o seu modo de xogo liñal supuxo un problema xa que os xogadores son guiados en exceso nas accións que deben facer. A cámara fixa e non controlable que dirixe ó xogador en Lyoko tamén foi moi criticada.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.